Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Chegan as vacacións... e con elas, unha oportunidade perfecta para gozar da lectura sen présas! 
Desde a microrede de bibliotecas escolares As Mariñas, formada pola EEI de Barrionovo, o CEIP Galán, o CEIPP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo, preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para todas as idades e gustos.
Historias emocionantes, divertidas, sorprendentes... para seguir descubrindo o mundo a través dos libros tamén durante as vacacións.
 📖Boas lecturas... e feliz verán!

Recomendaciones MicroRRede das Mariñas de Diego

miércoles, 28 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA

 Onte tivemos a última xuntanza do Club de Lectura.

Para rematar o curso fixemos unha reunión especial: comimos no parque cos membros do club de lectura do instituto e logo fomos ao Ies Rego de Trabe.

Alí fixemos un Scape Room para evitar que un vídeo  algo comprometido subira ás redes, tamén comentamos o libro que estabamos a ler: El rostro de la sombra.




O libro encantounos, aproveitamos para dicirlle ao autor, ALfredo Gómez Cerdá, que queremos segunda parte!

Tamén queremos dar as grazas a Andrea, profe do IES Rego de Trabe, pola súa implicación, traballo e pola boa acollida que nos deu. E aos rapaces do club do instituto por tratarnos tan ben.

Foi unha sesión fantástica!

miércoles, 21 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS: LOS REYES DE LA CASA

 


Presentación Redes Sociales Divertida Rosado y Blanco de María

Foi unha tarde moi agradable! Moitas grazas chicas!!!!
Vémonos na seguinte!

martes, 20 de mayo de 2025

EL ROSTRO DE LA SOMBRA

 É o título do último libro que imos ler no club de lectura.

Así se presenta o autor:


E por aquí vos deixamos o Booktrailer:


Este libro conta algo, que por incrible que pareza, é real:


E aquí o noso debate:

martes, 29 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 Como bos galegos e galegas tendimos toda a roupa ao sol!



Seguide as recomendacións dos nosos nenos/as e boas lecturas!

Terceiro recibe a Antonio M. Fraga

 A semana pasada, o alumnado de terceiro tivo unhha charla moi amena con Antonio M Fragga. Falaron do seu libro Papá caníbal e, ao rematar firmoulle os libros á cativada.





miércoles, 23 de abril de 2025

NOVO LIBRO NO CLUB DE LECTURA

 Que me pare o corazón se te esquezo é o título do libro que acabamos de comezar no club de lectura.

Na primeira sesión de onte vimos un booktrailer feito por antigo alumnado do centro:



Tamén escoitamos unha pequena entrevista feita a Andrea Maceiras, autora do libro:


E comentamos o que nos está a parecer este libro: falamos sobre saúde mental, sobre o bullyng, sobre as familias, a amizade... A verdade é que temos moitas gañas de ver como remata!!!!


martes, 22 de abril de 2025

Pájaro Blanco


É o último libro que limos no club de lectura. Resultou moi gratificante, para a maioría foi a súa iniciación na novela gráfica. 
En pájaro blanco, vemos a evolución de Julián, personaxe de La lección de August e, da man da súa avoa, trasladámonos a época do holocausto xudeo.
Aínda que o libro gustounos moito atrevémonos a cambiarlle o final, hai varias propostas, subimos a de Carla e Alexia:







 

jueves, 10 de abril de 2025

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte tivemos unha sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA fantástica!

Comezaban Emily, Lucía e Mencía contando O COELLIÑO BLANCO:


Seguían Felipe, Guillermo e Mariela con QUEN É ESE BICHO?


Despois María, con moitos axudantes contou o CUQUEDO e NO ES CACA.
 


E, para rematar, Álex e Aroa fixéronnos reflexionar co conto CORRE, CORRE. Deixámosvos por aquí o vídeo deste último onde podedes ver a Aroa contando e a Álex tocando  fagot.



Ao rematar entrgáronse os premios do concurso MONUMENTOS DE GALICIA.

miércoles, 2 de abril de 2025

VISÍTANOS ANTÍA YÁÑEZ

 Onte, o alumnado de cuarto tivo a gran sorte de poder falar con Antía Yáñez sobre o seu libro Plan de Rescate. 

A autora firmounos o exemplar da biblioteca.






martes, 1 de abril de 2025

MALETA VIAXEIRA CEIDA

 Xa temos na clase de 4 anos a maleta viaxeira do CEIDA. Estamos encantados con todo o que trae!



jueves, 30 de enero de 2025

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

 Onte tivemos o encontro do CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS, despois de ler Lecciones de química de BONNIE GARMUS fixemos unha xuntanza para intercambiar opinións.



GRAZAS A TODAS POR UNHA TARDE MARABILLOSA! DESEXANDO REPETIR!


miércoles, 29 de enero de 2025

PRÉSTAMO DE ADULTOS

martes, 21 de enero de 2025

LA LECCIÓN DE AUGUST

Comezamos o ano no club de lectura lendo un dos nosos libros preferidos: 

Por recomendación da autora, o libro podería ir acompañado desta B.S.O


Cando saiu a película fixéronlle unha entrevista á autora, podedes vela aquí:


A enfermidade que ten o protagonista desta historia é real, mirade, mirade:



Tamén queremos deixar por aquí un booktrailer:
Seguro que de aquí saen unhas sesións ben interesantes!

jueves, 19 de diciembre de 2024

O PREGÓN DO BUFOLECTOR

 Por aquí vos deixamos as nosas recomendacións de libros para este Nadal!


Pregón decembro by Bufolector

viernes, 13 de diciembre de 2024

SOFICRA

 Onte tivemos unha magnífica reunión do CLUB DE LECTURA DE PROFES que facemos xunto ao CRA DE CULLEREDO.



martes, 10 de diciembre de 2024

PRÉSTAMOS PARA ADULTOS

Hoxe comenzamos unha nova andaina co PRÉSTAMO PARA ADULTOS.

Como funciona? É moi doado, consultas na listaxe o libro que queres ler e mandas un correo electrónico a bufolector@gmail.com ou a biblioteca.ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal indicando nome e apelidos, de quen eres pai/nai/titor/a e o curso do alumno. E nós mandarémoscho por medio do neno ou nena.  A partir de ahí tes un mes para devolvelo.

Aquí podes consultar os libros que temos (pouco a pouco iremos ampliando o fondo:


Libros by Bufolector

miércoles, 4 de diciembre de 2024

MOCHILAS PARA FAMILIAS

 Un curso máis poñemos a rodar as MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS.

Pedilas é moi sinxelo:

Pincha neste FORMULARIO MOCHILAS, pesa que mochila queres e cúbreo. Mandarémoscha o antes posible.

UNHA VEZ RECIBIDA, TEDES UN MES PARA LER O CONTIDO!



lunes, 25 de noviembre de 2024

UN LOBO DENTRO


Estreamos novo libro no club de lectura!



 

El texto del párrafo de María

Empezaremos traballando con este video:

miércoles, 13 de noviembre de 2024

Final dos IRREGULARES DE NANKING ROAD

 Onte tivemos a última sesión co libro de Silvia Aliaga.

E estas foron algunhas das cousas que aconteceron:





Non vos podedes perder as recomendacións do libro que nos fan Alexia e Martín da man de Enola Holmes e Sir Arthur Conan Doyle: