domingo, 30 de octubre de 2022
Pois resulta que andaban Nico e Claudia tan tranquilos e contentos paseando por Oviedo e pensaron "Imos mirar uns libros que o mércores tócanos inaugurar o CONTACONTOS EN FAMILIA deste curso e aínda non temos claro que ler"e atopáronse co primo do Bufolector.
jueves, 20 de enero de 2022
O xoves é O DÍA DA BIBLIO!!!!
A emoción está presente toda a xornada porque estamos esperando ansiosos a que chegue o momento no que a profe di "Vamos á biblio!"; porque é un entorno bonito, agradable, cálido; porque gozamos cos libros; porque encántanos revolver os estantes e atopar tesouros; porque aínda que intentamos non berrar a emoción atrápanos; porque compartimos; porque aprendemos; porque os contos alí son sempre máis especiais e porque o primeiro que lle decimos a papá e mamá cando nos recollen é "mira que libro collín"
Encántanos os xoves de biblio!!!!