viernes, 30 de abril de 2021
Temos novo libro no Club de Lectura:
miércoles, 28 de abril de 2021
Hoxe queremos presentarvos dous novos membros da nosa familia contadora.
Esther e Mateo estreánse facendo toda unha sesión eles sós dunha sentada. Nesta sesión podedes escoitar "Mamá", "¡Porque te quiero tanto!" e "Corre corre cabaciña".
Gracias por regalarnos estes tres contiños! Esperamos contar convosco cando poidamos facer as sesións na nosa biblioteca!
Aquí vos deixamos unhas novas artistadas. A verdade é que non deixades de sorprendernos!!!!
Gracias a todos pola vosa participación!
martes, 27 de abril de 2021
Aínda estades a tempo de mandar os voso bookface. A partir da semana que vén xa non publicaremos máis, así que bulide!!!!!
Aquí chega unha nova entrega cargada de maxín:
lunes, 26 de abril de 2021
Xa está aquí o concurso máis molón da Biblioteca do Bufolector!!!!!!!
Lembramos o modo de participación:
- É un concurso para toda a familia.
- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos empezan o luns da semana correspondente.
- Cada día sairá unha pista nova.
-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.
-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.
- Cada familia só pode dar unha resposta ao día.
- A temática é o SÉCULO XX.
A familia que o acerte de primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible.
Xa sabedes, a investigar en familia!
Comezamos o LUNS 3 DE MAIO!!!!!
sábado, 24 de abril de 2021
viernes, 23 de abril de 2021
Como sabedes, hoxe é o DÍA DO LIBRO e para conmemoralo, fixemos este audioconto entre todos versionando o libro de ROCÍO BONILLA.
Estamos moi orgullosos do resultado!!!!
jueves, 22 de abril de 2021
Lembrade que seguiremos publicando os vosos BOOKFACE todo o mes de abril.
Animádevos a participar!
Aquí deixámosvos novas propostas:
miércoles, 21 de abril de 2021
Xa temos o primeiro contacontos deste mes. Sheila e Zoe sempre dispostas a participar, cóntannos a historia de como esta bonita elefanta aprende a quererse tal e como é:
martes, 20 de abril de 2021
lunes, 19 de abril de 2021
Comezan a chegar as primeiras creacións!!!
Non sei cal me gusta máis!!!!!
Seguídevos animando que isto ponse interesante!
viernes, 16 de abril de 2021
Sabedes o que é un bookface? Pois é nin máis nin menos que un retrato cun libro:
Propoñémosvos que para celebrar o día do libro (23 de abril) mandedes a bufolector@gmail.com os vosos bookfaces e publicarémolos no noso blog.
Pode participar todo o que queira: mamás, avós, nenas, pais, madriñas, tíos, achegadas....
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
miércoles, 14 de abril de 2021
Acaba de dar comezo a gravación da miniserie que ten como protagonista á muller que lle da nome ao noso centro.
O escenario elixido para rodar é a provincia da Coruña, entre outros sitios Mera, Oleiros, Lorbé....
Estaremos moi atentos para poder vela!
domingo, 11 de abril de 2021
¿Eres niño o niña? ¿Te gusta escribir? ¿Te gustaría escribir un cuento y que te lo publicaran?
Si has contestado que si ha llegado la GRAN OPORTUNIDAD DE TU VIDA.
Acaba de nacer la editorial Pequeños Diamantes para publicar cuentos escritos por niños y niñas.
Pincha en el enlace para más información: https://www.pequediamantes.com/
sábado, 3 de abril de 2021
E aquí chega o alumnado de terceiro. Preparádevos porque todos teñen algo que contar: