Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de diciembre de 2023

CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA

 Hoy empezamos con este libro que para nós é xa un clásico. 

Esperamos sacarlle partido e que vos guste como a nós:




Case ao principio do libro a protagonista, Anna, está a falar coa súa amiga e comparan a Hitler con Charlie Chaplin. Pero... quen era este Chaplin ? En que se parecía a Hitler? Mirade esta escea da película El gran dictador e sacade as vosas conclusións. 

miércoles, 2 de junio de 2021

BUFOPERCORRENDO O SÉCULO XX

Despois destes dous cursos tan complicados damos por finalizado o noso proxecto do SÉCULO XX

A nosa primeira idea era facer unha FEIRA HISTÓRICA, pero por mor do COVID non foi posible.

Deixámosvos o noso traballo, no que xa veredes,  hai unha importante labor de investigación.

Traballamos a busca, a selección e o tratamento da información. 

Dende a biblioteca queremos agradecer a labor dos profes pola súa gran implicación e, como non, das familias (sen elas todo isto é un sono).

Alo vai este fantástico traballo:

DÉCADA 1900-1910 

Hecho con Padlet



DÉCADA 1910-1920 

Hecho con Padlet


DÉCADA 1920-1930 

Hecho con Padlet



DÉCADA 1930-1940

Hecho con Padlet


DÉCADA 1940-1950

Hecho con Padlet


DÉCADA 1950-1960

Hecho con Padlet


DÉCADA 1960-1970

Hecho con Padlet


DÉCADA 1970-1980

Hecho con Padlet


DÉCADA 1980-1990

Hecho con Padlet


DÉCADA 1990-2000

Hecho con Padlet

lunes, 22 de febrero de 2021

23F

O 23 de febreiro de 1981 (fai mañá 40 anos) produciuse, en España, un intento de golpe de Estado.

Numerosos gardas civís comandados por Antonio Tejero irrumpiron no Congreso dos Diputados cando estaban votando para investir a Leopoldo Calvo Sotelo como presidente do Goberno. 

Nestes 10 minutos de video podes ver as causas e as consecuencias dese día:



E premendo nesta imaxe podes ver os arquivos da TVE que gravaron o momento. 




sábado, 25 de abril de 2020

ABRIL NO SÉCULO XX

No mes de abril do século XX sucederon moitos acontecementos históricos, hoxe traémosvos un xogo para que aprendades un pouquiño máis sobre o noso pasado.

Nenos, nenas, mamás, papás, avós, avoas e demais persoas... todos podedes xogar e poñer a proba os vosos coñecementos da historia do século XX.

Estades preparados? Pois aló vai...




martes, 14 de abril de 2020

O TITANIC

A noite do 14 ao 15 de abril de 1912 afundiuse o RMS TITANIC. Era o maior trasatlántico británico do mundo e chocou cun icerbeg no seu primeiro viaxe dende Southampton a Nova York.

Viaxaban 2223 persoas, das que morreron 1514.


Deixámosvos un video coa recreación da traxedia:





Algunhas das curiosidades sobre este acontecemento:

- O 1 de setembro de 1985 descubriuse o barco a 340 millas de Newfounland (Canadá).

- O libro Futility, de Morgan Robertson en 1898,  predixo o afundimento dun trasatlántico en circunstancias parecidas.

- A última supervivinte morreu en 2009 con 97 anos. Tiña 9 semanas cando viaxaba no Titanic. 

- Como querían evitar a mala sorte non había camarote número 13. 

- O Titanic está a 3.800 metros baixo as augas de alta mar. É dicir, en augas internacionais. Está baixo a xuridisción da Unesco. 

- O Titanic é o barco máis famoso do mundo, del escribíronse libros, cancións, memoriais, exposicións e películas. 

FONTE: https://www.elpais.com.uy/mundo/anos-hundimiento-titanic-diez-curiosidades-tres-teorias-naufragio.html
https://www.youtube.com/watch?v=G4LeY8IIbHA

lunes, 2 de marzo de 2020

REVISTA "BLANCO Y NEGRO"

O 24 de agosto de 1968 A Coruña era portada da coñecida revista "Blanco y Negro" que podías mercar polo módico precio de 15 pesetas.


viernes, 14 de febrero de 2020

A ORIXE DO NOSO COLE

Como ben os podedes imaxinar o noso centro é do século XX. Pero non sempre se chamou Ceip Sofía Casanova.

Ao principio de todo chamábase AGRUPACIÓN MIXTA DE VILABOA e estaba na avenida de Vilaboa onde agora hai unha oficina de Abanca.

O 17 de abril de 1981 inaugurouse o edificio que agora é primaria e o colexio chamábase COLEXIO COMARCAL PÚBLICO DE VILABOA.

o 16 de xaneiro de 1984 acordouse aceptar a proposta de inspección educativa de que o nome novo fose CEIP SOFÍA CASANOVA.

Aquí vos deixamos a revista do XXV aniversario do cole onde podedes ver moitos datos do cole.

viernes, 24 de enero de 2020

CONMEMORACIÓN VÍCTIMAS DO HOLOCAUSTO

O 27 de xaneiro CONMEMÓRASE  a liberación en 1945 polas tropas soviéticas d campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau; a Asamblea General de las Naciones Unidas
(link is external) proclamou oficialmente esa data Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto.

De feito líderes mundiais e superviventes desta barbarie están reunidos en Jerusalén estes días 75 anos despois de que se producira dita liberación.



Máis información aquí


Hoxe no club de lectura, falando do libro "Cuando Hitler robó el conejo rosa" saliu o tema dos españois que estiveron no campo de concentración en Mathausen.
Deixámosvos o documental que vimos.

martes, 12 de noviembre de 2019

30 AÑOS DE LA CAÍDA DEL MURO

En este año que trabajamos el Siglo XX no podemos dejar de recordar que este sábado hizo 30 años de la caída del muro de Berlín.