Mostrando entradas con la etiqueta verán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta verán. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Chegan as vacacións... e con elas, unha oportunidade perfecta para gozar da lectura sen présas! 
Desde a microrede de bibliotecas escolares As Mariñas, formada pola EEI de Barrionovo, o CEIP Galán, o CEIPP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo, preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para todas as idades e gustos.
Historias emocionantes, divertidas, sorprendentes... para seguir descubrindo o mundo a través dos libros tamén durante as vacacións.
 📖Boas lecturas... e feliz verán!

Recomendaciones MicroRRede das Mariñas de Diego

jueves, 23 de junio de 2022

O Pregón do Bufolector

 Aló van as nosas recomendacións para este verán:


Pregón xuño 2022 by Bufolector on Scribd

miércoles, 9 de junio de 2021

A PRAIA EN 1929

 Hoxe na Voz de Galicia publicaban un artigo sobre a praia en 1929.

Chama a atención que non se podía facer tertulias en bañador nin tomar o sol se non era baixo prescripción médica. A maneira adecuada de estar na praia era con traxe de rúa ou albornoz, senón acatabas as normas podían poñerche unha multa!

Na imaxe podedes ver a praia de Riazor a principios do século XX.

Se queredes máis información non deixedes de ler  o artigo enteiro