Mostrando entradas con la etiqueta tardes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tardes. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS

 Hoxe tocoulles aos de segundo vir a coñecer e familiarizarse coa baralla española.

Xogamos ao Burro e probamos a facer castelos. Non é nada doado!





miércoles, 27 de noviembre de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

Sóubonos a pouco este obradoiro! Que ben o pasamos! 








AGORA TOCA PRACTICAR!!!!!!

HOXE TOCA OBRADOIRO DE XOGOS!

 



jueves, 14 de noviembre de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

 Este ano os obradoiros ímolos adicar a algo tan galego como a baralla de cartas. Estades preparados?



miércoles, 5 de junio de 2024

A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ

 O vindeiro MARTES 11 DE XUÑO ás 17:00H  non podedes perder a sesión final de CONTACONTOS EN FAMILIA!!!!

Na que o TEATRO DEL ANDAMIO representará no cole a obra A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ.

Entrada de balde!!!!



jueves, 30 de mayo de 2024

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL CON PAULA CARBALLEIRA

 Onte tivemos a gran sorte de recibir a Paula Carballeira que nos fixo un obradoiro sobre cómo contar contos e, por suposto, contou uns contiños que nos fixeron pasar unha tarde moi divertida.







E regalounos un dos  seus libros adicado:








viernes, 24 de mayo de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

 Onte tocoulle a quenda ao alumnado de primeiro e infantil. A verdade é que unha hora non chega para nada....

Deixámosvos algunha mostra do que aconteceu:








viernes, 12 de abril de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

 Onte tivemos o OBRADOIRO DE XOGOS co alumnado de 2º, 3º e 4º.

Coma sempre, un placer pasar unha tarde tan divertida co noso alumnado.






viernes, 5 de abril de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS

O vindeiro xoves 11 de abril teremos un obradoiro de xogo para o alumnado de 2º, 3º e 4º nas nosas TARDES BUFOANIMADAS. Non faltes!



martes, 19 de marzo de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 O pasado venres tivemos a sorte de poder xuntarnos un anaquiño e pasar unha tarde estupenda cos nosos CONTACONTOS EN FAMILIA.






GRAZAS a todos os que vos achegáchedes a compartir este momento e, sobre todo, aos voluntarios que viñeron a contar.
Vémonos na seguinte!


martes, 27 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE XOGO

 Hoxe vimos de pasar unha tarde moi divertida nos obradoiros de xogos co alumnado de 3º e 4º:





sábado, 3 de febrero de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte tivemos unha tarde moi divertida co noso tan especial CONTACONTOS EN FAMILIA.

Desta volta estreáronse Laia, Valentina e Miriam contando soas. A verdade é que levan moito tempo preparándoo porque tiñan moitas ganas de compartir con todos a súa lectura. Contáronnos Unha carta para Papá Noel.


Logo tocoulle a quenda a Eoa, Emma e Ada que nos leron El gran día de Elmer.


Leo e Gema leváronnos a unha festa de osos con Simplemente Ted.

E, por último, María levounos de caza e puxémonos todos en pé para acompañala co conto Imos cazar un oso.


Mandamos un abrazo grande a María e a Héctor que tiñan previsto acompañarnos esta tarde e compartir un contiño con nós pero non puideron.

MOITAS GRAZAS A TODOS os que nos acompañástedes nesta tarde! Esperamos con ganas o vindeiro contacontos!







viernes, 24 de noviembre de 2023

BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA

 Gustánvos os retos?

Queredes pasar unha tarde estupenda en familia competindo con outras familias?

E, sobre todo.... QUEREDES RIR E PASALO BEN?

Pois non dubidedes en apuntarvos ás BUFOLIMPÍADAS EN FAMILIA!!!!!

Inscripcións ata o 1 de decembro mandando un correo a bufolector@gmail.com co nome dos participantes.





martes, 14 de noviembre de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS

 LEMBRADE QUE HOXE TEMOS UNHA CITA!!!!!


jueves, 26 de octubre de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Pois acabamos de pasar un anaco de tarde moi divertida en familia escoitando uns contiños que sempre da gusto.



Comezamos o contacontos con 4 valentes, Gansiri, Lucía, Alexia e Carmen leron La extraña sorpresa.


Logo tocoulle o turno a Sofía, que xunto aos seus pais, Bea e Nacho fixéronnos rir con Voy a comedte.

Seguidamente, Aroa, apoiada por Álex, o seu pai conmoviunos con Te quiero casi siempre.


E, para rematar, Chloé co seu pai Marcos ensinando as imaxes interpretounos Mi piojo y yo. 

GRAZAS A TODOS os que hoxe vos puxéchedes diante  e nos agasallástedes con esta bonita tarde.
E, por suposto, a aqueles que viñéchedes a escoitar!
A FAMILIA MEDRA!








viernes, 28 de abril de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS

 Onte pola tarde pasamos un tempiño ben divertido no obradoiro de xogos de infantil, primeiro e segundo.