sábado, 25 de noviembre de 2023
Onte xuntámonos todos no cole para cantar e gritar ben alto que non imos ter medo porque, entre todos, erradicaremos esta lacra.
Mentres esperamos que na páxina web do cole colguen un resumo do acontecido, os máis pequenos do cole queremos recitarvos este poema que incluimos no noso cartel deste ano que poderedes ver polos comercios de Culleredo:
sábado, 26 de noviembre de 2022
Data que non quixeramos conmemorar máis!
O alumnado de infantil fixo e repartiu por Vilaboa un cartel co noso lema deste ano "Vacínate contra a violencia"
miércoles, 23 de noviembre de 2022
Deixámosvos a canción que será o noso grito na conmemoración deste día.
lunes, 13 de diciembre de 2021
En primeiro seguen a traballar as emocións. Esta vez tocoulle ao AMOR.
Para isto traballaron os contos "¿De qué color es un beso?"e "Adiviña canto te quero".
A todo isto súmase a celebración do 25N.
miércoles, 1 de diciembre de 2021
O equipo de actividades complementarias e extraescolares vén de publicar o video coa conmemoración de todo o cole do 25N.
Non deixes de velo:
lunes, 29 de noviembre de 2021
Como xa vos adiantamos, os nenos e nenas de infantil fixemos un montón de corazóns morados para conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Con esto queremos traballar o obxetivo 5 da axenda 2030 e lograr unha igualdade real e que nunca xamais teñamos que celebrar este día
Queríamos repartilos nós pero a meteoroloxía foi adversa, aínda así estamos moi orgullosos do noso traballo e de compartilo cos veciños e veciñas de Vilaboa.
Algúns de nós fomos de paseo buscando os corazóns, mirade, mirade:
jueves, 25 de noviembre de 2021
Con motivo do 25 N o alumnado de infantil fixo moitos corazóns violetas que están espallados polos comercios de Vilaboa.
Se atopas un, faite unha foto con el e mándaa a bufolector@gmail.com. Con todas as fotos faremos un video para colgalo no blog.
Hoxe celebramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ogallá non teñamos que celebralo nunca máis, pero mentres tanto, educaremos aos nosos cativos para que O RESPECTO ao próximo sexa o seu lema.
miércoles, 9 de diciembre de 2020
Aínda que non puidemos facelo xuntos, TODOS, na escola traballamos pola eliminación da violencia de xénero e berramos moi alto BASTA!
Na páxina do cole podeder ver o resumo do traballado (preme na imaxe para velo).