viernes, 28 de abril de 2023

CIENCIA EN FAMILIA CON MATEO

 Mateo e a súa familia tráennos 3 experimentos doados de facer na casa:


OBRADOIRO DE XOGOS

 Onte pola tarde pasamos un tempiño ben divertido no obradoiro de xogos de infantil, primeiro e segundo.









EXPERIMENTANDO COA... DENSIDADE

 O alumnado de quinto está a traballar a densidade e para iso fixeron unhas torres ben xeitosiñas:







jueves, 27 de abril de 2023

TARDES BUFOANIMADAS

 Deixámosvos por aquí as datas das tardes BUFOANIMADAS que quedan para este curso:

27 ABRIL: OBRADOIRO DE XOGOS INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO. Para o alumnado convocado. 

24 MAIO: TEATRO DO ANDAMIO . Dentro do programa LECTURA E FAMILIA esta compañía representará no cole "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ". Para toda a familia.


26 MAIO: CLUB DE LECTURA FAMILIAS.

9 XUÑO: último CONTACONTOS EN FAMILIA  do curso.



miércoles, 26 de abril de 2023

A PROFE CONCHA ESTÁ DE NORABOA

 Lembrades aquelas ESOPÍAS  que fixemos para conmemorar o DÍA DA POESÍA que xuntaban a poesía coas matemáticas a través do número PI?

Pois a profe Concha presentouna nun concurso da asociación AGAPEMA e... GAÑOU!!!!!!!

Hoxe, D. Enrique de la Torre, profesor da facultade de Ciencias da Educación e de moitas das profes do cole, veu ao Sofía Casanova a entregar persoalmente o premio á gañadora.








CONCHA, estamos ORGULLOSÍSIMAS  de ti!!!!!!

E, dende aquí, queremos darlle as grazas a este fantástico profesor por organizar tantas actividades e dalas a coñecer, por achegarnos a tantas mestras ás matemáticas de maneira divertida, por vir en persoa ata o cole a entregarlle o premio a Concha e por facernos sentir tan ilusionadasGracias Enrique!!!!!! maxisterio necesita moitos profes así. 


PREMIO BUFOPREGUNTÓN

 Sofía recibiu o seu agasallo por ter acertado o TERCEIRO BUFOPREGUNTÓN deste curso.

NORABOA!!!!!




martes, 25 de abril de 2023

MOMENTOS LECTORES

 Seguimos a conmemorar o DÍA DO LIBRO e para iso, despois da  EXPOSICIÓN DE LIBROS PERIGOSOS, o audioconto ISA TRASTOS eO BUFOPREGUNTÓN queremos ensinarvos esta presentación de MOMENTOS LECTORES, moitos deles son do venres, día que saímos todos a LER NO PATIO. 



lunes, 24 de abril de 2023

XA TEMOS GAÑADORA: BUFOPREGUNTÓN 3

     NORABOA Á FAMILIA DE SOFÍA BALSEIRO!!!! En breve recibiredes o voso premio.

A persoa da que estabamos a falar era bibiano f. osorio-tafall!!!!



Deixámosvos o resto de pistas: 


1. FUN PRESIDENTE DO COMITÉ CENTRAL DE AUTONOMÍA DE GALICIA.

2. FUN MEMBRO DA SOCIEDADE DE HISTORIA NATURAL DE MÉXICO.

3. ADIQUEIME A DIRIXIR O SERVIZO DE EVACUACIÓN DE REFUXADOS ESPAÑOIS.

4. EN LONDRES HAI UN XARDÍN BOTÁNICO CON BULBOS QUE EU ENVIEI.

5. FIXEN MOITAS INVESTIGCIÓNS SOBRE O FITOPLANCTON MARIÑO.


AÍNDA QUEDA OUTRO BUFOPREGUNTÓN, A VER SE PODEMOS CHEGAR A TERCEIRA PISTA!!!! ESTADES ATENTOS AO VINDEIRO LUNS!!!!

BUFOPREGUNTÓN 3.1

 1. FUN PRESIDENTE DO COMITÉ CENTRAL DE AUTONOMÍA DE GALICIA.

EXPOSICIÓN LIBROS PERIGOSOS

 Con motivo do DÍA DO LIBRO, inauguramos unha exposición sobre libros que "NUNCA, NUNCA, NUNCA DEBERÍAN DE LERSE". 


                                                          (Pincha no enlace para vela)





sábado, 22 de abril de 2023

ISA TRASTOS

 Unha das actividades para  conmemorar o DÍA DO LIBRO, foi a realización deste  este AUDIOCONTO por todo o cole. Está moi relacionado co noso proxecto.

Esperamos que vos guste:


viernes, 21 de abril de 2023

QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO: BOOKTRAILER

 Un dos grupos do club de lectura quedou fascinado con este libro e decidiron facerlle unha pequena homenaxe gravando un booktrailer.

Eles elaboraron o guión, escolleron as escenas, fixeron as gravacións,...






Este é o resultado, esperamos que vos guste tanto como a nós:



SORPRESA

 Este é o título da obra que A Xanela do Maxín representou no cole o pasado mércores gracias a Narciso de Coegal que foi quen nolo trouxo.

O alumnado de infantil, primeiro e segundo puidemos escoitar catro contos relacionados cos catro elementos: auga, terra, lume e aire nos que a sorpresa foi o fío condutor.








jueves, 20 de abril de 2023

VISITA AO MUNCYT

 O alumnado de sexto foi ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña para afondar máis no proxecto:






miércoles, 19 de abril de 2023

NORABOA DIEGO!

 Onte Diego recibiu o seu agasallo por gañar o segundo Bufopreguntón:


NORABOA!!!!!

LEMBRADE QUE O LUNS TEREMOS O SEGUINTE BUFOPREGUNTÓN!!!!!!


martes, 18 de abril de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS

 O vibndeiro 27 de abril terá lugar o último OBRADOIRO DE XOGOS destinado ao alumnado de infantil, primeiro e segundo.

Estos son os nenos/as seleccionados:




Se alguén non pode asistir que mande un correo a bufolector@gmail.com.




lunes, 17 de abril de 2023

XA TEMOS OUTRO GAÑADOR: BUFOPREGUNTÓN 2.5

 Este curso estase poñendo complicado o de xogar, vaia velocidade de acertos!!!! Como se nota que xa hai práctica nesto da busca de información!!!!!

A resposta que estabamos a buscar era, tal e como dixo a familia de Diego, o OBSERVATORIO ALMA. 

En lo alto del llano de Chajnantor, en la Cordillera de los Andes, en Chile, el Observatorio Europeo Austral (ESO), opera, junto con sus socios internacionales, el Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA), un telescopio de vanguardia para estudiar la luz de algunos de los objetos más fríos del Universo. Esta luz tiene longitudes de onda de alrededor de un milímetro, entre el infrarrojo y las ondas de radio, por lo que se conoce como radiación milimétrica o submilimétrica. ALMA está compuesto por 66 antenas de alta precisión, repartidas a distancias que pueden alcanzar los 16 kilómetros. Esta colaboración global es el mayor proyecto astronómico basado en tierra desarrollado hasta el momento.

NORABOA Á FAMILIA DE DIEGO MOSQUERA!!!!!! En breve recibiredes o voso agasallo. 


Deixámosvos un trailer sobre A.L.M.A. para que vexades de que estamos a falar e un par de enlaces por se queredes ampliar a información:


20 minutos: ALMA

E, por suposto, o resto das pistas:

/>

  1.  PROPORCIONO INFORMACIÓN SOBRE O NACEMENTO DAS ESTRELAS.

2. O MEU SERVIDOR É  "DON CORLEORNE".

3. CAPTO AS ONDAS DO "UNIVERSO FRÍO".

4. VIVO A 5000 METROS DE ALTURA. 

5. FUN INAUGURADO NO 2013.


O VINDEIRO LUNS SAIRÁ O SEGUINTE BUFOPREGUNTÓN!!!!!

BUFOPREGUNTÓN 2.1

 1. PROPORCIONO INFORMACIÓN SOBRE O NACEMENTO DAS ESTRELAS.

miércoles, 12 de abril de 2023

PREMIO BUFOPREGUNTÓN

 Esta mañá Ángel e Nerea recibiron o premio por acertar  o primeiro BUFOPREGUNTÓN.


NORABOA!!!!!


martes, 11 de abril de 2023

BUFOPREGUNTÓN 1: XA TEMOS GAÑADOR!!!!!

     Sentíndoo moito temos que facer unha rectificación, pois a primeira acertante foi a familia de Ángel e Nerea Barrio que contestaron a través do correo electrónico.  

(O correo chegou ás 16:35 e a contestación da familia de Rubén ás 17:20)




Queremos pedir perdón á familia de Rubén e a de Ángel e Nerea!!!!!

A persoa que estabamos a buscar era Ángela Ruiz Robles, doña Angelita.

NORABOA!!!!!!

Estes días recibiredes o voso agasallo.

Para os demáis, non vos preocupedes. O luns sae unha nova pista para un novo BUFOPREGUNTÓN!!!!!

Deixámosvos o resto de pistas: 


1. TENGO TRES PATENTES.

2. ESCRIBÍ 16 LIBROS Y ABRÍ UNA ACADEMIA DE ENSEÑANZA.

3. UNO DE MIS PROTOTIPOS ESTÁ EN EL MUNCYT.

4. UNA DE MIS PATENTES FACILITA LA LECTURA.

5. TENGO NOMBRE DE ADMINISTRACIÓN DE LOTERÍA.


E uns enlaces para que coñezades máis deste fantástica mestra que adicou a súa vida a facilitar a aprendizaxe do seu alumnado. 




BUFOPREGUNTÓN 1.2

  1. TENGO TRES PATENTES.

2. ESCRIBÍ 16 LIBROS Y ABRÍ UNA ACADEMIA DE ENSEÑANZA.

lunes, 10 de abril de 2023

BUFOPREGUNTÓN 1.1

 1. TENGO TRES PATENTES.

martes, 4 de abril de 2023

´FORMACIÓN PLAMBE

 O venres tocou formación en Santiago.