miércoles, 26 de abril de 2023

A PROFE CONCHA ESTÁ DE NORABOA

 Lembrades aquelas ESOPÍAS  que fixemos para conmemorar o DÍA DA POESÍA que xuntaban a poesía coas matemáticas a través do número PI?

Pois a profe Concha presentouna nun concurso da asociación AGAPEMA e... GAÑOU!!!!!!!

Hoxe, D. Enrique de la Torre, profesor da facultade de Ciencias da Educación e de moitas das profes do cole, veu ao Sofía Casanova a entregar persoalmente o premio á gañadora.








CONCHA, estamos ORGULLOSÍSIMAS  de ti!!!!!!

E, dende aquí, queremos darlle as grazas a este fantástico profesor por organizar tantas actividades e dalas a coñecer, por achegarnos a tantas mestras ás matemáticas de maneira divertida, por vir en persoa ata o cole a entregarlle o premio a Concha e por facernos sentir tan ilusionadasGracias Enrique!!!!!! maxisterio necesita moitos profes así. 


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tamén fan moita falta porfesoras como Concha con gran talla humana e pedagóxica, que deixan o pabillón do maxisterio moi alto, tan alto como se merece.
Noraboa, Concha!!!
Ë un gran pracer contarte na lista das miñas persoas moi queridas.
Apertas

Biblioteca Ceip Sofía Casanova dijo...

Totalmente dacordo!

Publicar un comentario