sábado, 3 de febrero de 2024
Onte o alumnado de 3 anos tivo o seu primeiro contacto coa robótica e o resultado foi moi bo: foi unha actividade moi motivadora ( o tren levaba en clase varios días o que creou moita expectación), traballamos en equipo cooperando uns con outros, seguimos a técnica de ensaio-erro e puxemos a funcionar o pensamento lóxico e a resolución de problemas e todo isto xogando, rindo e facendo que o tempo de clase fose moi curtiño.
domingo, 19 de marzo de 2023
O alumnado de 5 anos estamos a traballar en robótica con Coding Express de Lego.
Aínda que nos parece que estamos a xogar estamos a traballar a orientación espacial, a lóxica da programación temperá, desenrolamos o pensamento crítico, o traballo en equipo e a resolución de problemas, inventamos historias, aprendemos a seguir instruccións...
lunes, 28 de marzo de 2022
Os robots son moi motivadores, así que aproveitamos este feito para traballar moitísimas cousas, mirade:
sábado, 23 de mayo de 2020
jueves, 27 de febrero de 2020
O primeiro que fixemos foi ver a película en dúas sesións, poñendo especial atención ao vestiario dos actores e actrices xa que era de principios do século.
Logo fixemos seis grupos con nenas e nenos de 3,4 e 5. Que ben se traballa en equipo!!!
E puxémonos a traballar nos obradoiros que duraron 2 días.
Os obradoiros foron:
Cociña, onde fixemos a píldora con azucre.
Photocall
Marcapáxinas
Sombreiros
Baile e karaoke
Robótica, onde xogamos a oca de Mary Poppins e tivemos que levar a Mary Poppins do parque á casa resolvendo as trabas que aparecían co lego.
Mirade que ben o pasamos:
martes, 21 de mayo de 2019
martes, 16 de octubre de 2018
Aínda estades a tempo de anotarvos!