jueves, 12 de junio de 2025

DE NINGHURES NO SOFÍA

O alumnado de sexto recibiu a visita onte de dous integrantes (Hadrian e Cataqui) do grupo De Ninghures, aos cales entrevistaron preguntándolles sobre a súa formación musical, o grupo, o tipo de música que escoitan e realizan, os plans de futuro.... 
Ademais, tamén tiveron tempo de bailar e cantar algunhas das súas cancións máis coñecidas e traballadas na aula.






jueves, 5 de junio de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS INFANTIL E PRIMEIRO

 Hoxe pasamos unha tarde divertida cos máis pequenos do cole. Montamos varias estacións de xogo para que foran pasando por todas e o resultado foi todo un éxito!







lunes, 2 de junio de 2025

A MITOLOXÍA DE TERCEIRO

 Os nenos e nenas de terceiro dedicaron parte do proxecto a estudar seres mitolóxicos de Galicia. 

Xa coñecen o Apalpador, o diaño burleiro, o Tardo, o Sacaúntos, o Nubeiro, a Lumia e o Can de Ucro. 

Deixámosvos por aquí unha mostra do seu traballo:







jueves, 29 de mayo de 2025

Lembra Cacholiña

 Por aquí vos deixamos a recompilación de videos desta actividade organizada polo EDLG.



miércoles, 28 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA

 Onte tivemos a última xuntanza do Club de Lectura.

Para rematar o curso fixemos unha reunión especial: comimos no parque cos membros do club de lectura do instituto e logo fomos ao Ies Rego de Trabe.

Alí fixemos un Scape Room para evitar que un vídeo  algo comprometido subira ás redes, tamén comentamos o libro que estabamos a ler: El rostro de la sombra.




O libro encantounos, aproveitamos para dicirlle ao autor, ALfredo Gómez Cerdá, que queremos segunda parte!

Tamén queremos dar as grazas a Andrea, profe do IES Rego de Trabe, pola súa implicación, traballo e pola boa acollida que nos deu. E aos rapaces do club do instituto por tratarnos tan ben.

Foi unha sesión fantástica!

miércoles, 21 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS: LOS REYES DE LA CASA

 


Presentación Redes Sociales Divertida Rosado y Blanco de María

Foi unha tarde moi agradable! Moitas grazas chicas!!!!
Vémonos na seguinte!

martes, 20 de mayo de 2025

EL ROSTRO DE LA SOMBRA

 É o título do último libro que imos ler no club de lectura.

Así se presenta o autor:


E por aquí vos deixamos o Booktrailer:


Este libro conta algo, que por incrible que pareza, é real:


E aquí o noso debate:

domingo, 18 de mayo de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Temos un equipo de Dinamización que ben merece un monumento. Vaia semana das letras!!!!

Sen esquecer as Cantareiras galegas, 

Comezamos co concerto de Pakolas.


E rematámola celebrando Os Maios e entregando os premios ao Certame Literario.




sábado, 17 de mayo de 2025

CERTAME LITERARIO

 Conmemorando o DÍAS DAS LETRAS GALEGAS repartíronse os premios do Certame Litearrio organizado polo EDLG.

Infantil e primeiro ciclo competían en categoría de debuxo e a partir de terceiro de primaria en narrativa, poesía e banda deseñada.

Estos foron os agasallos (preme na imaxe para máis información)



jueves, 15 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS

 Hoxe tocoulles aos de segundo vir a coñecer e familiarizarse coa baralla española.

Xogamos ao Burro e probamos a facer castelos. Non é nada doado!





OBRADOIRO DE XOGOS

 Hoxe tócalle a quenda ao alumnado de segundo.

Preparados para xogas ás cartas?



miércoles, 14 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO

 Hoxe tivemos un OBRADOIRO PARA FAMILIAS SOBRE O TEATRO con María Torres.

A verdade é que pasamos unha tarde moi divertida e aprendemos moitísimo.

GRACIAS MARÍA, foi un verdadeiro placer!!!!

E, sobre todo, GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS que viñéstedes a compartir con nós o voso tempo, sodes O MÁIS!







viernes, 2 de mayo de 2025

OBRADOIRO PARA FAMILIAS! ÚLTIMAS PLAZAS!!!!!!

AFORO COMPLETO!!!!!

GRAZAS A TODOS!

VÉMONOS O MÉRCORES ÁS 16:00H




BUFOPREGUNTÓN 4.5

   1. Son do século XX.

2. Estou na provincia de A Coruña.

3. Actualmente non teño o nome co que nacín.

4. Teño moita cultura.

5. Aquí vive un Bufo.

jueves, 1 de mayo de 2025

BUFOPREGUNTÓN 4.4

   1. Son do século XX.

2. Estou na provincia de A Coruña.

3. Actualmente non teño o nome co que nacín.

4. Teño moita cultura.

miércoles, 30 de abril de 2025

BUFOPREGUNTÓN 4.3

   1. Son do século XX.

2. Estou na provincia de A Coruña.

3. Actualmente non teño o nome co que nacín.

martes, 29 de abril de 2025

BUFOPREGUNTÓN 4.2

  1. Son do século XX.

2. Estou na provincia de A Coruña.

VILLA MELANIA

 Como parte da celebración do DÍA DO LIBRO o alumnado de infantil e primeiro curso de preimaria visitou a biblioteca municipal de Vilaboa.







DÍA DO LIBRO

 Como bos galegos e galegas tendimos toda a roupa ao sol!



Seguide as recomendacións dos nosos nenos/as e boas lecturas!

Terceiro recibe a Antonio M. Fraga

 A semana pasada, o alumnado de terceiro tivo unhha charla moi amena con Antonio M Fragga. Falaron do seu libro Papá caníbal e, ao rematar firmoulle os libros á cativada.





lunes, 28 de abril de 2025

BUFOPREGUNTÓN 4.1

 1. Son do século XX.

viernes, 25 de abril de 2025

OBRADOIRO LECTURA E FAMILIA

Estades preparados para pasar unha tarde súper divertida e aprender máis sobre como contar contos?????

Para poder asistir hai que inscribirse mandando un correo a bufolector@gmail.com co nome do neno/a que vai participar e o adulto ou adultos que o acompañan. É OBLIGATORIO QUE CADA NENO/A VEÑA CUN ADULTO.




María Torres é actriz e directora artística do Elefante Elegante Teatro onde creou, interpretou e dirixiu con Gonçalo Geurreiro máis de vinte espectáculos ata o presente.

https://elefanteelegante.net/



 

miércoles, 23 de abril de 2025

BUFOPREGUNTÓN 3.5. RECTIFICACIÓN

     Temos que facer unha rectificación do premio porque aínda que Aldara e a súa familia acertaron a resposta, puxeron dúas respostas nunha mesma entrada e iso vai contra as normas. Así que o premio queda deserto.

SENTIMOS AS MOLESTIAS!

Xa sabedes que estabamos a falar do ORGANISTRUM DO PÓRTICO DA GLORIA!!!!

Deixámosvos por aquí o resto das pistas:

 1.  Chego aos 2 metros de lonxitude.

2. Creáronme entre 1188 e 1211.

3. Son de pedra.

4. Son adecuado para melodías lentas.

5. O meu pai foi o Mestre Mateo.

SÓ QUEDA UN BUFOPREGUNTÓN!!! COMEZA O LUNS ÁS 16:15. SORTE!!!!

NOVO LIBRO NO CLUB DE LECTURA

 Que me pare o corazón se te esquezo é o título do libro que acabamos de comezar no club de lectura.

Na primeira sesión de onte vimos un booktrailer feito por antigo alumnado do centro:



Tamén escoitamos unha pequena entrevista feita a Andrea Maceiras, autora do libro:


E comentamos o que nos está a parecer este libro: falamos sobre saúde mental, sobre o bullyng, sobre as familias, a amizade... A verdade é que temos moitas gañas de ver como remata!!!!


martes, 22 de abril de 2025

Pájaro Blanco


É o último libro que limos no club de lectura. Resultou moi gratificante, para a maioría foi a súa iniciación na novela gráfica. 
En pájaro blanco, vemos a evolución de Julián, personaxe de La lección de August e, da man da súa avoa, trasladámonos a época do holocausto xudeo.
Aínda que o libro gustounos moito atrevémonos a cambiarlle o final, hai varias propostas, subimos a de Carla e Alexia:







 

BUFOPREGUNTÓN 3.2

  1.  Chego aos 2 metros de lonxitude.

2. Creáronme entre 1188 e 1211

lunes, 21 de abril de 2025

BUFOPREGUNTÓN 3.1

 1.  Chego aos 2 metros de lonxitude.

jueves, 10 de abril de 2025

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte tivemos unha sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA fantástica!

Comezaban Emily, Lucía e Mencía contando O COELLIÑO BLANCO:


Seguían Felipe, Guillermo e Mariela con QUEN É ESE BICHO?


Despois María, con moitos axudantes contou o CUQUEDO e NO ES CACA.
 


E, para rematar, Álex e Aroa fixéronnos reflexionar co conto CORRE, CORRE. Deixámosvos por aquí o vídeo deste último onde podedes ver a Aroa contando e a Álex tocando  fagot.



Ao rematar entrgáronse os premios do concurso MONUMENTOS DE GALICIA.