lunes, 31 de marzo de 2025

BUFOPREGUNTÓN 1.1

 1. Levo en Galicia dende século XVI.

OS CANTAREREIROS DO SOFÍA

 Son os cantantes o grupos de música galegos traballados este curso.

Por quí vos deixamos algunhas das cousas traballadas nesta actividade organizada polo EDLG.



OBRADOIRO DE XOGOS

 Continuamos introducindo ao alumnado en xogos coa baralla española. O pasado venres tivemos un obradoiro de xogos para tercero e cuarto.




jueves, 27 de marzo de 2025

SOFICRA

 Onte tivo lugar a segunda das nosas reunións trimestrais cos mestres do CRA de Culleredo e as profes que se incorporaron este ano do IES Rego de TRABE.

Coma sempre, foi unha sesión de CLUB DE LECTURA fantástica onde intercambiamos as nosas opinións sobre o libro de Edurne Portela, Formas de estar lejos. 



miércoles, 26 de marzo de 2025

XA ESTÁ AQUÍ, XA CHEGOU!!!!


O BUFOPREGUNTÓN


A primeira pista sairá o LUNS 31 DE marzo!!!!!


Lembramos o modo de participación:


- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.


Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.


- Cada día sairá unha pista nova.


-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.


-Podedes responder  na entrada do blog na que colgamos a pista.


- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)


- A temática é GALICIA.


A familia que o acerte de  primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible. 


Xa sabedes... a investigar en familia!


As pistas sairán ás 16:15 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación. 


Comezamos o LUNS 31 DE MARZO!!!!!




martes, 25 de marzo de 2025

CONCURSO MONUMENTOS DE GALICIA

 Acaba de chegar á biblioteca o segundo monumento para o concurso!


Noraboa a Anael e á súa familia por esta obra de arte!



viernes, 21 de marzo de 2025

XORNADAS PLAMBE

 Onte tivemos en Santiago a formación para os coordinadores de Bibliotecas Plambe. 



martes, 18 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS

 Atención!!!!

Houbo un cambio de data!

Por motivos técnicos o obradoiro de 3º e 4º farase o VENRES 28 DE MARZO  en lugar do mércores 26 como estaba previsto inicialmente.


Lembrade que neste obradoiro xogaremos a un xogo de cartas típico en Galicia.


jueves, 13 de marzo de 2025

REVISTA ESCOLAR DO ENTROIDO

 O EDLG vén de publicar a revista que fixemos entre todos! NON A PODES PERDER!



miércoles, 12 de marzo de 2025

8M

 Os peques do cole traballaron diferentes profesións de mulleres galegas:



jueves, 6 de marzo de 2025

CONCURSO MONUMENTOS DE GALICIA

 Xa temos o primeiro monumento!


Dani e Paula Luces recrearon, moi ben, o Castro de Baroña.
PARABÉNS!!!!

Aínda tedes tempo ata o 4 de abril para facer os vosos monumentos con material de refugallo.

Non vos esquezades!