jueves, 12 de junio de 2025

DE NINGHURES NO SOFÍA

O alumnado de sexto recibiu a visita onte de dous integrantes (Hadrian e Cataqui) do grupo De Ninghures, aos cales entrevistaron preguntándolles sobre a súa formación musical, o grupo, o tipo de música que escoitan e realizan, os plans de futuro.... 
Ademais, tamén tiveron tempo de bailar e cantar algunhas das súas cancións máis coñecidas e traballadas na aula.






jueves, 5 de junio de 2025

OBRADOIRO DE XOGOS INFANTIL E PRIMEIRO

 Hoxe pasamos unha tarde divertida cos máis pequenos do cole. Montamos varias estacións de xogo para que foran pasando por todas e o resultado foi todo un éxito!







lunes, 2 de junio de 2025

A MITOLOXÍA DE TERCEIRO

 Os nenos e nenas de terceiro dedicaron parte do proxecto a estudar seres mitolóxicos de Galicia. 

Xa coñecen o Apalpador, o diaño burleiro, o Tardo, o Sacaúntos, o Nubeiro, a Lumia e o Can de Ucro. 

Deixámosvos por aquí unha mostra do seu traballo:







jueves, 29 de mayo de 2025

Lembra Cacholiña

 Por aquí vos deixamos a recompilación de videos desta actividade organizada polo EDLG.



miércoles, 28 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA

 Onte tivemos a última xuntanza do Club de Lectura.

Para rematar o curso fixemos unha reunión especial: comimos no parque cos membros do club de lectura do instituto e logo fomos ao Ies Rego de Trabe.

Alí fixemos un Scape Room para evitar que un vídeo  algo comprometido subira ás redes, tamén comentamos o libro que estabamos a ler: El rostro de la sombra.




O libro encantounos, aproveitamos para dicirlle ao autor, ALfredo Gómez Cerdá, que queremos segunda parte!

Tamén queremos dar as grazas a Andrea, profe do IES Rego de Trabe, pola súa implicación, traballo e pola boa acollida que nos deu. E aos rapaces do club do instituto por tratarnos tan ben.

Foi unha sesión fantástica!

miércoles, 21 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS: LOS REYES DE LA CASA

 


Presentación Redes Sociales Divertida Rosado y Blanco de María

Foi unha tarde moi agradable! Moitas grazas chicas!!!!
Vémonos na seguinte!

martes, 20 de mayo de 2025

EL ROSTRO DE LA SOMBRA

 É o título do último libro que imos ler no club de lectura.

Así se presenta o autor:


E por aquí vos deixamos o Booktrailer:


Este libro conta algo, que por incrible que pareza, é real:


E aquí o noso debate: