martes, 17 de diciembre de 2019

CONTACONTOS DECEMBRO

O pasado venres tivemos o derradeiro conto en familia de 2019. Conto, no que non faltou a música en directo dun aprendiz de trompetista que lle bota moitas ganas e de nenos/as valientes que preparan contos para contarlle a moita (moitísima) xente e fano estupendamente.


DIEGO contou "O apalpador".


SONIA e SOREL contaron "Si yo tuviera una púa".

HUGO, LUCÍA  e MARÍA contaron "Marcelina en la cocina".

Grazas a todos por facer esto posible e sobre todo, ás familias que veñen contar e ás que traen aos pequenos/as para que "a nosa familia" siga medrando.

lunes, 16 de diciembre de 2019

O PREGÓN DO BUFOLECTOR

Deixámosvos as recomendacións do Bufolector para este Nadal:

Pregón decembro by Bufolector on Scribd

viernes, 13 de diciembre de 2019

A EVOLUCIÓN DO BAILE DENDE 1950 A 2019

Non vos podedes perder este fantástico video de DANCE CREW que ensina algúns dos bailes máis famosos a partir do ano 1950 e como foi evolucionando a maneira de bailar ata os nosos días.

lunes, 9 de diciembre de 2019

PUBLICIDADE SÉCULO XX

Seguimos mostrándovos anuncios do século pasado que nos chaman a atención.




miércoles, 4 de diciembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como ben sabedes, o pasado 25 de novembro celebramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Nós temos claro que NON é NON  e que a violencia non é o camiño, e vós?


 A canción é de Melendi, Alejandro Sanz e Arkano.

martes, 3 de diciembre de 2019

CONTACONTOS DECEMBRO

Chegamos a o último mes do ano e con el chega o derradeiro contacontos en familia do 2019, pero non vos preocupedes, porque para o 2020 virán máis!
Mentres esperamos non vos podedes perder este contacontos que seguro que será fantástico.

lunes, 2 de diciembre de 2019

ESCORNABOTS

Así se chaman os novos robots que xa temos na escola gracias ás Bibliotecas Creativas e que os profes estivemos a montar estes días.