lunes, 20 de enero de 2020

A LITERATURA DO SÉCULO XX

XA TEMOS DE VOLTA O NOSO CARTEL DE PROXECTO CON UNHA PARTE DA LITERATURA INFANTIL DO SÉCULO PASADO.

ESPERAMOS QUE DESTA VEZ O MAL TEMPO O RESPETE!

viernes, 17 de enero de 2020

CONTACONTOS XANEIRO

Ide reservando a data porque en 15 días temos a nosa sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA. Lembrade traer o carné e non cheguedes tarde, que quedades sen sitio!


martes, 14 de enero de 2020

INAUGURACIÓN DA LABORAL

Pescudando pola rede atopamos este NO-DO sobre a Universidade Laboral de Culleredo.

viernes, 10 de enero de 2020

SOFÍA CASANOVA

Sabedes quen era Sofía Casanova? Por que o noso colexio ten o seu nome?
O alumnado de 5  anos leva un tempiño investigando a vida desta muller tan interesante porque fixo unha labor importante durante a década dos anos 20.

Aquí vos deixamos un resumo do que aprenderon:

Destacar que o 16 de xaneiro fai 62 anos do seu pasamento. Que era unha muller que falaba máis de sete idiomas, que naceu en Almeiras pero percorreu medio mundo e que tivo unha vida moi interesante. Foi sen dúbida unha muller adiantada a súa época.

Aquí vos deixamos unhas artistadas que fixeron os pequenos/as coa súa figura:






HIPERPATERNIDAD

Neste nadal publicouse unha entrevista a Eva Millet que nos fai reflexionar:

"PERMITE QUE TU HIJO SE ABURRA. DEJA DE SER SU ANIMADOR SOCIOCULTURAL"

Si cargas con la mochila de tu hijo a la salida del colegio, si tu crío tiene agenda de ministro, si no se aburre nunca, si te provoca ansiedad convertirle en el próximo Messi o Mozart es más que probable que seas un padre o madre helicóptero y hayas caído en las garras de la hiperpaternidad, un fenómeno importado de EEUU y estudiado en profundidad por la periodista Eva Millet, autora de libros como 'Hiperpaternidad', 'Hiperniños. ¿Hijos perfectos o hipohijos?' y 'Niños, adolescentes y ansiedad' (editados por Plataforma Actual). ['Mamás, papás y niños: toda la información sobre el mundo de la crianza]....


Para seguir lendo acudir á fonte da entrevista: El periódico

jueves, 9 de enero de 2020

PRIMEIRA ECLIPSE DE LÚA DO ANO

Este venres chega a primeira eclipse de Lúa do 2020

Será unha eclipse penumbral, na que o noso satélite natural non chega a ocultarse completamente na sombra da Terra
Chega a primeira eclipse de Lúa do ano 2020. Este venres, a Terra vai interpoñerse entre o Sol e o noso satélite natral, deixando a Lúa na zona de penumbra, o que provocará que baixe a intensidade do seu brillo.
A eclipse chegará este venres pola tarde e alcanzará o seu máximo ás 20:10 da tarde hora peninsular coincidindo coa primeira Lúa Chea do ano. Europa, Asia, África e Australia serán os lugares nos que poderá observarse este fenómeno. En Galicia, están previstos ceos despexados para esa hora…
A característica común que define ás eclipses lunares deste ano é que todas elas serán penumbrais ou Apulso, é dicir, a Luna pasará a través da penumbra terrestre facendo que o satélite se escureza de xeito sutil durante un período de tempo concreto. Este tipo de eclipses poden verse a primeira ollada pero se aconsella o uso dun telescopio ou instrumento de visión aumentada para gozar mellor a experiencia.
Para a seguinte eclipse de Lúa haberá que esperar ao 5 de xuño e cun mes exacto de diferenza, o 5 de xullo, poderase ver a terceira. A derradeira eclipse de Lúa do ano chegará o 30 de novembro. Desde Galicia van ser visibles todas as eclipses con excepción da última delas, da que só poderá gozar a xente que se atope en América e Asia.
NON VOLA PODEDES PERDER!

miércoles, 8 de enero de 2020

RETOS LECTORES

Xa estamos no ano 2020!

Á biblioteca do Bufolector chegaron moitas novidades que axiña atoparedes nos andeis.

Comezamos o ano con dous retos lectores que atopamos navegando pola rede. Escolle o que máis che gusta e lánzate a ler!!!!


FELIZ ANO E FELICES LECTURAS!!!!