jueves, 12 de marzo de 2020

A GRIPE ESPAÑOLA

Hai pouco mais de 100 anos houbo outro virus que paralizou a sociedade, chamábase A GRIPE ESPAÑOLA.
Moitas das "medidas de contención" que estamos a tomar agora, xa foron probadas en 1918.
Lede o seguinte artigo para ter máis información:

O VIRUS DA GRIPE ESPAÑOLA

martes, 10 de marzo de 2020

VISITA AO MUNCYT

Hoxe o alumnado de 5 anos visitou o MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA, de Coruña.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica, na que ademáis de ver obxectos e tecnoloxía do século XX aprendimos moito e pasámolo xenial!

Puidemos ver un trozo do Boeing 747 "Lope de Vega", sentámonos en primeira clase, vimos a cabina do piloto, tocamos algúns dos materiais que o compoñen e descubrimos que este foi o avión que trouxo o Guernica a Madrid dende Nova York en 1981.




Na sá do século XX vimos unha lavadora de madeira, unha moto con sidecar, un coche antigo e moitas cousas que usaban os nosos avós e avoas (e os nosos pais e nais)...



Tamén vimos o antigo faro da Torre de Hércules e o proxector que tiña o cine París de Coruña.
Ademáis fixemos helicópteros de papel e os tiramos dende o sexto andar, comprobamos como voaban e gustounos moito.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica na que descubrimos a tecnoloxía dende unha nova perspectiva  e demostramos moitas cousas que xa tiñamos aprendidas nestes tres anos que levamos na escola.


lunes, 9 de marzo de 2020

CONTACONTOS MARZO

O pasado venres tivemos unha nova sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.

Comezamos con MARTA, PABLO e HENAR que contaron e representaron "Blancanieves y los siete enanitos"


Logo, SHEILA, MATEO e ADRI fixéronnos rir con "Paco Papán"

Pecharon a sesión LUCÍA e ALBA contando "Corno de unicornio"


Foi unha moi boa sesión chea de xente:

viernes, 6 de marzo de 2020

STRONG WOMEN FONT

Manu Arranz, tamén coñecido como 7 Codos preséntanos este alfabeto que rinde homenaxe ás grandes mulleres  da historia.

Todo comezou co reto 36 Days Of Type no que en cada edición miles de diseñadores dan a súa visión do mundo a través da tipografía. Durante 36 días seguidos teñen que compartir nas súas redes sociais os seus diseños de letras e números.



Como vedes, con este alfabeto, lémbrase a mulleres tan importantes como Valentina Tereshkova (primeira muller en viaxar ao espacio), Kathrine Switzer (primeira muller en correr e completar unha maratón, cando só o facían os homes) e Alice Paul (unha gran loitadora polo voto feminino da muller en E.E.U.U.).

Anímaste a descubrir por que foron tan importantes as outras mulleres?

FUENTE: La criatura creativa. https://lacriaturacreativa.com/



jueves, 5 de marzo de 2020

FALANDO DO SÉCULO XX cap.3: ALEXANDER FLEMING

No século XX houbo moitos avances no campo da medicina, hoxe queremos falarvos de FLEMING, que, en 1928, descubriu algo moi importante.
Estade atentos a como o conta a cativada:




XOGOS

Xa vos temos dito o éxito que foi engadir xogos á biblioteca, sobre todo para os recreos e para as tardes.

O que non vos contamos é que esos xogos tamén se usan nas clases, e pouco a pouco imos razonando, usando a lóxica, sumando, restando, traballando a atención, o xogo en equipo, o respeto ao compañeiro, a escoita activa, os turnos de actuación, a motricidade, a activación de todos os sentidos... e todo isto XOGANDO!!!!!








Así si que mola aprender!

martes, 3 de marzo de 2020

ESCOITAVENTURAS

Preparádevos porque xa temos no forno o tercer encontro de ESCOITAVENTURAS!