lunes, 29 de febrero de 2016

CONTOS CLÁSICOS

Hoxe toca falar dos contos clásicos.
Os contos clásicos, non son só historias entretidas, senón que foron creados para ensinarlles a verdade aos máis pequenos, para que estivesen preparados para afrontar a realidade.
Por iso nestes contos aparecen malos moi malos, bruxas moi bruxas, mortes e grandes decepcións.
Coñecemos tan ben as historias de Carapuchiña, Blancaneve, a Sireíña o Cincenta, que non paramos a pensar no significado que encerra.
Analicemos algún destes contos:

Cincenta

Este conto fala das diferencias sociais, que empurra aos nenos cara a confianza en si mesmos e a sorte; esta sorte aparece coa Fada Madriña.
Pero, sobre todo, a Cincenta fala da envidia entre irmáns.



Carapuchiña

Está claro que o bosque é unha metáfora dos perigos da vida, pero ademáis, son moitos os intérpretes que relacionan a caperuza coa menstruación. Neste senso o conto sería unha advertencia para as mozas que poden ser fácilmente enganadas por descoñecidos.


Hansel e Gretel

Esta é unha das historias máis crueles dos contos clásicos. Aquí fálase do medo dos pequenos ao abandono familiar e do drama da fame. Dous nenos son raptados por unha bruxa que quere comer a Hansel. Estimúlase a autoestima ao vencer á bruxa polos propios medios.


Os tres cerdiños
Nesta coñecida historia vese cl
aramente a lección de moralidade: cunha actitude positiva, esforzo e traballo podes salvarte.

A Bela e a Besta

O orixe desta  historia remóntase a antigua Roma e fala de Apuleyo. 
Bela é inocente e o único que coñece é o amor puro do seu pai, o resto dos homes resúltalle agresivos. Cando ela madura e convértese en adulta xa pode apreciar a beleza masculina.
Ademáis faise fincapé en que as bestas poden domesticarse con amor.


Fontes:
 www.que.es
http://k14.kn3.net/
http://4.bp.blogspot.com/
http://st-listas.20minutos.es/

0 comentarios:

Publicar un comentario