lunes, 21 de enero de 2019

RAMÓN CARREDANO COBAS

Como xa sabedes,a semana pasada visitounos este fantástico autor.
O alumnado de quinto e sexto tivo o pracer de charlar con el sobre os seus libros, o premio Merlín por "Unha branca de cobre para Martiño", a súa colección de "A illa do tesouro", o seu traballo no mundo do teatro e da dobraxe e, sobre a aventura de ler.




Os nenos e nenas de 6º A, non deixaron pasar a oportunidade de actuar como auténticos profesionais de cine.

E como Ramón non tiña a versión que leron os nosos cativos e cativas tiveron a ben regalárllela para que a engadira a súa colección.

MOITAS GRAZAS, MONCHO!

0 comentarios:

Publicar un comentario