lunes, 27 de febrero de 2023

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

 Hoxe tivemos unha sesión do club de lectura especial porque a ela asistiu Andrea Maceiras, unha escritora moi admirada por nós.

Para esta reunión, cada grupo leu un libro dela:

"O que sei do silencio"


E, "Que me pare o corazón se te esquezo"



Tivemos tempo para falar con ela, contarlle as nosas inquedanzas, ideas, os sentimentos que provocaron en nós as lecturas e preguntarlle moitas dúbidas. Ela escoitounos con moita atención e respeto e contestou a todo.




Estas son algunhas cousiñas que aconteceron:





A verdade é que foi unha sesión ben agradable, onde os rapaces e rapazas puideron conversar con Andrea coma se fose unha máis do grupo.
Andrea, grazas pola túa cercanía, simpatía, por saber achegarte tan ben a estes rapaces e, sobre todo, por escribir tan ben e ter tanto que ensinarnos a través da túa literatura. Estamos moi orgullosos de ter unha autora da túa calidade que sexa galega e que viva tan pretiño de nós. 
NORABOA E MOITAS GRAZAS!!!

Isabel, grazas por facer isto posible!









4 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitísimas grazas a vós por ese estupendo encontro, foi un verdadeiro pracer. Reitero os meus parabéns ás profes que fan posible este club e a eses nenos e nenas tan intelixentes e divertidos que fixeron que a experiencia fose inesquecible. Seguide lendo así! Unha aperta enorme! (Andrea Maceiras)

Anónimo dijo...

Moitas grazas a ti por vir a visitarnos !!!

Anónimo dijo...

Moitas grazas Andrea

Anónimo dijo...

Moitas grazas Andrea encantoume o libro,O que sei do silencio 💜

Publicar un comentario