martes, 28 de mayo de 2024

SOMOS DETECTIVES

 O que pasou este venres no club de lectura foi impresionante:

Estamos a ler un libro no que aparece un cadáver e, por iniciativa dos rapaces convertemos a biblio nunha comisaría para resolver o misterio... a ver se somos capaces!!!!

Como o libro fala das redes sociais, tamén escribimos as nosas impresións nun chío de Twiter.

Queremos dar a noraboa a este grupo polo seu traballo, pola súa implicación e, sobre todo, pola gran motivación que tendes. Facedes que os venres sexan os mellores días da semana:








0 comentarios:

Publicar un comentario