jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!!!



Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
 
Un ano máis celebramos do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, POÑENDO A CIRCULAR AS NOSAS MOCHILAS E CESTAS VIAXEIRAS.
(Pincha na imaxe para ver o contido)


Esperamos que sexa un curso cheo de boas lecturas e moitas bibliotecas!!!!



0 comentarios:

Publicar un comentario