martes, 12 de mayo de 2015

DE AQUÍ PARA ALÁ

Parece como si o concello soubera que estamos a traballar os Países do Mundo porque hai pouco ofreceunos ir a un concerto na laboral co motivo da celebración do Día das letras Galegas.
Sabiamos que o concerto era a cargo dunha veciña de Culleredo e que contaba a historia dunha bolboreta que daba á volta ao mundo coñecendo diferentes rimos, cancións e instrumentos.
O que non sabiamos era que LYDIA BOTANA sorprenderianos de tal xeito, superando en gran medida as nosas expectativas.
NORABOA POLO VOSO ESPECTÁCULO!!!!
Ademáis, contounos que ela estudou no noso cole. Desde a biblioteca do Bufolector queremos invitarte, como exalumna, a facernos unha visita  e falarnos da tua experiencia como música ao redor do mundo.

Para os que non puidéchedes ir ou para os que vos gustou tanto como a nós e queredes volver a escoitalos deixámosvos este video:




Ademáis, por se queredes saber máis dela, deixámosvos un enlace a súa páxina web (pincha na imaxe):
 Lydia Botana


1 comentarios:

Lydia Botana dijo...

Graciñas polo voso cariño! Para min foi todo un placer facer este concerto para os nenos do meu cole: CANTA EMOCIÓN! :) Contade con esa visita e cando saia o libro/disco do espectáculo achegareime con el de seguro!
Apertas e moita música!!

Publicar un comentario