viernes, 23 de enero de 2026

UNHA ESTRELA NO VENTO

 É o título do libro que comezamos esta semana.


A autora, Ledicia Costas, estase a coverter nunha das grandes escritoras da literatura galega ( se é que non o é xa).

Deixámosvos por aquí o que di ela de si mesma:

Nací una tarde de septiembre. De pequeña lo que más me gustaba era leer, arrancarle los cables a las muñecas, comer chocolate y visitar cementerios. Estudié Derecho y ejercí unos años como abogada, pero desde hace ya tiempo me dedico por completo a la literatura, cosa que me hace muy feliz. Sigo visitando cementerios, todos los que puedo. Tengo docenas de fotos en cementerios de distintos lugares del mundo. Me gustan las historias de brujas, fantasmas y muertos. Soy una lectora apasionada. No sé cuantas historias me quedan por escribir. Espero que varias docenas. Las mejores historias son las que se escriben con la cabeza pero, sobre todo, con corazón.

E o enlace a súa páxina web por se queredes seguir investigando: Ledicia Costas

Por último non vos perdades este booktrailer que fixeron os alumnos e alumnas do IES de Allariz:


lunes, 19 de enero de 2026

OBRADOIRO DE XOGOS

 A pasada semana xogamos co alumnado de 3º e 4º.






martes, 16 de diciembre de 2025

INVIERNO CON LIBROS!

As bibliotecas escolares da microrrede As Mariñas (EEI Barrionovo, CEIP de Galán, CEIPP Sofía Casanova e o Cra de Culleredo) xa temos lista a nosa selección de recomendacións lectoras para o inverno!
Historias para todos os gustos, perfectas para seguir gozando da lectura durante as vacacións. Felices vacacións de inverno!

Recomendacións MicroRRede das Mariñas (inverno 25) de Iván

lunes, 15 de diciembre de 2025

SCAPE ROOM

 Fantástica tarde con moi boa compañía! Grazas a todos os participantes, así da gusto facer actividades!!!!!














viernes, 12 de diciembre de 2025

LOS QUEBRANTASUEÑOS


Comezamos libro no club. Esta vez imos a un mundo de fantasía que non nos deixará indiferentes. 

Pouca presentación necesita porque vendo a ilustración e coñecendo un pouco á autora, Susana Isern, xa sabemos que é unha xoia con envoltura de libro.
Máis aló do mundo fantástico que nos amosa, Los quebrantasueños fala, en realidade, do poder das palabras, de como unha palabra dita no momento oportuno pode cambialo todo.
Esperamos que despois de lelo teñamos un mundo con máis Plantasueños!

Deixámosvos varios enlaces por se queredes mergullarvos neste mundo:

SUSANA ISERN

Entrevistas: RZ100arte

ESTHER GILI
Entrevistas: Toledodiario




jueves, 11 de diciembre de 2025

SCAPE ROOM

Vémonos mañá ás 17:00h. Vide con ganas de pasalo ben!


 

viernes, 5 de diciembre de 2025

UN LOBO DENTRO

 Hoxe comezamos novo libro no club:


(Pincha na imaxe do libro)

Comezaremos debatindo sobre esta curta: