jueves, 31 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
10:35
Etiquetas:
Actividades,
animación,
contos,
dinamización,
medo,
SAMAÍN
5
comentarios
Esta semana celebramos o Samaín na escola, con cabazas terroríficas que fixeron as familias e con contos de medo na Cova do Samaín. Todo argallado polo equipo de dinamización linguística.
Así de ben o pasamos:
Así de ben o pasamos:
miércoles, 30 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
16:24
Etiquetas:
Actividades,
animación,
Biblioteca,
conmemoracións,
día das bibliotecas,
Libros,
literatura,
Século XX,
xogos
1 comentarios
Por fin temos o video resumo do que aconteceu na celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES deste curso.
Como xa sabedes, o xogo consistía en buscar letreros co título dalgún libro infantil/xuvenil do século XX e logo achegarse a biblioteca e atopar o libro,. Non era doado, xa que os libros están colocados segundo a inicial do apelido do autor/a. Pero os nosos nenos/a fixéronno xenial!
E como non podía ser doutro modo, a música que acompaña o video é un dos mellores temas do século XX. Chámase "Sweet child o mine" e é dun grupo chamado GUNS N´ROSES. Así que subide o volume para escoitar ben!!!!
Como xa sabedes, o xogo consistía en buscar letreros co título dalgún libro infantil/xuvenil do século XX e logo achegarse a biblioteca e atopar o libro,. Non era doado, xa que os libros están colocados segundo a inicial do apelido do autor/a. Pero os nosos nenos/a fixéronno xenial!
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
16:14
Etiquetas:
Actividades,
animación,
outono,
Século XX
1 comentarios
Así de bonito está a nosa entrada con xoguetes, libros e programas infantís que vían os nosos pais/nais e os profes...
viernes, 25 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
11:41
Etiquetas:
Actividades,
animación,
familias
1 comentarios
miércoles, 23 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
19:16
Etiquetas:
Actividades,
animais,
cestas viaxeiras,
lectura,
Libros
1 comentarios
Mañán, 24 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, chegarán ás clases de 6º, 5º, 4º e 3º as nosas CESTAS VIAXEIRAS.
Son libros para ler e consultar nas clases. Libros, que ao mellor non son tan atractivos como para que os pequenos/as os collan por propia vontade pero que cremos que son interesantes para eles e que poden gustarlles moito.
Son libros para ler e consultar nas clases. Libros, que ao mellor non son tan atractivos como para que os pequenos/as os collan por propia vontade pero que cremos que son interesantes para eles e que poden gustarlles moito.
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
19:10
Etiquetas:
Actividades,
animación,
día das bibliotecas,
familias,
lectura,
Libros,
Mochilas viaxeiras,
películas
1 comentarios
E, como cada 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, mañán comezarán a viaxar as nosas mochilas por todas as vosas casas.
Están feitas con moita ilusión, escoller o material que vai dentro non é doado!
Buscamos que poida gustar, que interese, que sexa axeitado para a idade dos nenos/as, que poidades sacarlle partido en familia, que aporten e, sobre todo... que sexa un eixe motivador que achegue aos nenos á lectura, e á cultura en xeral.
Este ano incluimos unha libreta para que participedes as familias, está relacionada con século XX, queremos que nos contedes que descubríchedes nese século, que recomendaríades, que botades de menos... e que o aproveitedes para falar cos vosos fillos/as e contarlles por que recomendades iso e non outra cousa.

Boa viaxe para esas mochilas e boas lecturas para as nosas familias!!!!
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
18:57
Etiquetas:
Actividades,
animación,
contacontos,
contos,
familias
1 comentarios
Desculpade a tardanza pero estivemos a preparar moitos traballos na biblio para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS e non tivemos tempo de entrar no blog.
Por fin podedes ver as fotos da sesión do pasado día 16.
Por fin podedes ver as fotos da sesión do pasado día 16.
Comezamos con Sara, Lucía e Vera que contaron "Isa Trastos".
Logo, María Alejandra e Andrea contáronnos as aventuras dun oso que estaba a prepararlle unha bonita sorpresa á súa nai.
Por último, Marga e Bruno contáronnos "A filla do Grúfalo" e a historia de "Marcela, a inventora de palabras".
Gracias a todos os contadores e ás familias que trouxeron aos cativos e cativas para compartir unha tarde con nós.
En novembro vémonos na seguinte sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.
viernes, 18 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
10:05
Etiquetas:
Actividades,
autores,
Biblioteca,
día das bibliotecas,
Libros,
literatura,
Século XX,
xogos
3
comentarios
COMO SABEDES O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS, PARA ISO FAREMOS UN XOGO (CHEGARAVOS UNHA CARTA A CLASE).
SE QUEREDES GAÑAR UN PREMIO TEREDES QUE VER ESTA PRESENTACIÓN E ACTIVAR AS VOSAS MEMORIAS.
miércoles, 16 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:51
Etiquetas:
animación,
autores,
Libros,
literatura,
Recomendacións libros,
Século XX
1 comentarios
Xa temos na entrada da biblio o noso cartel da LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO SÉCULO XX. Se vos achegades, veredes dous títulos por cada unha das décadas do século pasado. Tivemos que escoller entre moitas obras, pero aquí vai a nosa escolla:
Cantos coñecedes? Cantos lestes? Gustáronvos? Recomendaríades outros?
Cantos coñecedes? Cantos lestes? Gustáronvos? Recomendaríades outros?
martes, 15 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:48
Etiquetas:
Actividades,
concursos,
microrelatos,
Traballo alumnado
1 comentarios
Lembrades que o alumnado que estivo o curso pasado en segundo B e segundo C presentárase a un concurso de relatos cortos?
Pois fresquiños coma leitugas acaban de chegarnos exemplares de libros nos que se recollen todos os relatos que participaron!!!!
Como non chegan para todos, entregáronselle aos dous finalistas do noso cole, para que o garden de lembranza. Para os demais podedes velos na biblioteca do Bufolector ou nas mochilas viaxeiras de 3ºB e 3ºC, onde incluiremos un exemplar.
Xa sabedes, este ano temos que animarnos todos a participar!!!
lunes, 14 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
23:22
Etiquetas:
Actividades,
matemáticas,
Traballo alumnado,
xogos
1 comentarios
Unha das nosas rutinas semanais é este xogo no que en primeiro lugar, colocamos entre todos as casillas do taboleiro ( se alguén ten dúbidas, axudámoslle). Logo comeza o xogo, tiramos o dado, collemos un numicon co número que nos tocou e facemos a suma de todo o que levamos. A norma principal é que NON SE PODE CONTAR, SÓ SUMAR!!!
Mirade que ben o pasamos xogando ás MATEMÁTICAS!!!!
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
21:23
Etiquetas:
chroma,
CIENCIA,
Experimentos,
Iutuber,
Traballo alumnado
1 comentarios
Os nenos e nenas de quinto presentan e explican como fixeron o seu experimento.
Non volo podedes perder!
viernes, 11 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
11:03
Etiquetas:
alfin,
animación,
biografías,
personaxes ilustres
3
comentarios
No noso apartado de personaxes ilustres non podemos esquecernos da muller que lle da nome ao noso cole:
SOFÍA CASANOVA foi a primeira corresponsal de guerra e naceu en Almeiras!!!!!!
Aquí vos deixamos un pouco da súa biografía feito polo diario Quincemil
Aquí vos deixamos un pouco da súa biografía feito polo diario Quincemil
jueves, 10 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
14:04
Etiquetas:
Actividades,
alfin,
animación,
Formación de usuarios
1 comentarios
Esta semana tivemos a formación do alumnado de 1º B, que xa está moi preparado para usar e pasalo xenial na biblioteca.
lunes, 7 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:43
Etiquetas:
Actividades,
alfin,
Formación de usuarios
1 comentarios
Como sabedes, en outubro abrimos a biblioteca do cole para préstamos. Os nenos e nenas de infantil van todas as semanas coas súas profes, pero os maiores de primaria tamén poden ir sós no recreo. É por isto que para os primeiros facemos unhas xornadas de formación de usuarios.
O venres baixou 1º B e fíxoo moi ben.
Por se alguén quere repasar deixámosvos o enlace da presentación
O venres baixou 1º B e fíxoo moi ben.
Por se alguén quere repasar deixámosvos o enlace da presentación
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:37
Etiquetas:
Actividades,
alfin,
animación,
Formación de usuarios,
S.T.A.B
1 comentarios
O pasado venres tivo lugar a primeira reunión informativa e formativa par os S.T.A.B. (Servicio Técnico de Axuda á Biblioteca).
Este equipo está formado por nenos e nenas de sexto (totalmente voluntarios) que, por parellas, deciden ocupar un dos seus recreos en tarefas de axuda á biblioteca (préstamos, recollida, reparación e forrado de libros, axuda aos pequenos...).

É incrible ver como hai tantos nenos e nenas que desexan ser voluntarios nestas tarefas. NORABOA!
viernes, 4 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
11:30
Etiquetas:
Actividades,
animación,
contacontos,
contos,
familias
3
comentarios
Comezamos a tempada de CONTACONTOS EN FAMILIA!
Lembrade que as familias que se anotan a contar contos, poden entrar na biblioteca durante as sesións.
Para os que non se atreven, dicir que somos unha pequena familia á que nos gustan os contos e que nos xuntamos para pasar un bo tempo.

Animádevos a vir e veredes que é fantástico!!!!
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
10:57
Etiquetas:
Biblioteca,
ilustración,
Óscar Villán
1 comentarios
Xa temos o cartel das bibliotecas escolares de Galicia deste ano.
Como xa vos imaxinades o autor é o noso querido Óscar Villán!!!!
Como xa vos imaxinades o autor é o noso querido Óscar Villán!!!!
martes, 1 de octubre de 2019
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
16:57
Etiquetas:
alfin,
biografías,
mulleres interesantes,
Século XX
1 comentarios
Coñecedes a esta muller? É Clara Campoamor, grazas a ela, hoxe cúmprense 87 anos do dereito ao voto da muller!!!!
"Yo, señores diputados, me siento ciudadano antes que mujer, y considero que sería un profundo error político dejar a la mujer al margen de ese derecho, a la mujer que espera y confía en vosotros; a la mujer que, como ocurrió con otras fuerzas nuevas en la revolución francesa, será indiscutiblemente una nueva fuerza que se incorpora al derecho y no hay sino que empujarla a que siga su camino".
Este foi o discurso que pronunciou no Congreso dos Diputados, que aínda pode seguir vixente. O sufraxio femenino consiguiuse por tan solo unha ventaxa de 30 votos a favor (161 votos a favor e 121 en contra), o que supuña que a metade do Congreso estaba en contra.
Información obtida de : https://culturainquieta.com/es/inspiring/item/14513-hoy-cumple-87-anos-el-voto-femenino-en-espana.html
"Yo, señores diputados, me siento ciudadano antes que mujer, y considero que sería un profundo error político dejar a la mujer al margen de ese derecho, a la mujer que espera y confía en vosotros; a la mujer que, como ocurrió con otras fuerzas nuevas en la revolución francesa, será indiscutiblemente una nueva fuerza que se incorpora al derecho y no hay sino que empujarla a que siga su camino".
Este foi o discurso que pronunciou no Congreso dos Diputados, que aínda pode seguir vixente. O sufraxio femenino consiguiuse por tan solo unha ventaxa de 30 votos a favor (161 votos a favor e 121 en contra), o que supuña que a metade do Congreso estaba en contra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)