martes, 21 de abril de 2015

E TI, COMO XOGAS? "DE RECREO POLO MUNDO"

James Mollison percorreu todo o mundo facendo fotografías dos xogos dos nenos e nenas nos recreos da escola
http://noomag.com/playground-retratando-la-hora-del-recreo-alrededor-del-mundo/

SEMANA DO LIBRO

Xa comezamos a semana do libro, e temos preparadas un montón de actividades! Estades preparados?
Hoxe os pequenos da escola irán á biblioteca de Villa Melania, pasádeo ben!!!!!!

martes, 14 de abril de 2015

OS PEQUEHAIKUS (2)

Velaquí as ilustracións dos haikus doutro grupo de 3 anos

OS PEQUEHAIKUS

O alumnado máis pequeno do cole tamén traballou os HAIKUS. Eles dedicáronse a ilustralos, mirade aos futuros artistas:

lunes, 13 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Xa non queda nada para o DÍA DO LIBRO!!!
Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. 

viernes, 10 de abril de 2015

MÁIS HAIKUS

Pouco a pouco vainos chegando o fantástico traballo dos nosos poetas, neste caso tocoulle ao outro 5º. que vos parecen? Eu creo que estes nenos e nenas son uns artistas!!!!

martes, 7 de abril de 2015

HAIKUS

OS NENOS E NENAS DE 5º ESTÁN FEITOS UNS VERDADEROS POETAS, MIRADE QUE HAIKUS CREARON: