miércoles, 23 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

E, como cada 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, mañán comezarán a viaxar as nosas mochilas por todas as vosas casas.

 Están feitas con moita ilusión, escoller o material que vai dentro non é doado!

 Buscamos que poida gustar, que interese, que sexa axeitado para a idade dos nenos/as, que poidades sacarlle partido en familia, que aporten e, sobre todo... que sexa un eixe motivador que achegue aos nenos á lectura, e á cultura en xeral.

Este ano incluimos unha libreta para que participedes as familias, está relacionada con século XX, queremos que nos contedes que descubríchedes nese século, que recomendaríades, que botades de menos... e que o aproveitedes para falar cos vosos fillos/as e contarlles por que recomendades iso e non outra cousa.

Boa viaxe para esas mochilas e boas lecturas para as nosas familias!!!!


CONTACONTOS EN FAMILIA

Desculpade a tardanza pero estivemos a preparar moitos traballos na biblio para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS e non tivemos tempo de entrar no blog.
Por fin podedes ver as fotos da sesión do pasado día 16.
Comezamos con Sara, Lucía e Vera que contaron "Isa Trastos".


Logo, María Alejandra e Andrea contáronnos as aventuras dun oso que estaba a prepararlle unha bonita sorpresa á súa nai.

Por último, Marga e Bruno contáronnos "A filla do Grúfalo" e a historia de "Marcela, a inventora de palabras".
Gracias a todos os contadores e ás familias que trouxeron aos cativos e cativas para compartir unha tarde con nós.
En novembro vémonos na seguinte sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.

viernes, 18 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

COMO SABEDES O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS, PARA ISO FAREMOS UN XOGO (CHEGARAVOS UNHA CARTA A CLASE). 
SE QUEREDES GAÑAR UN PREMIO TEREDES QUE VER ESTA PRESENTACIÓN E ACTIVAR AS VOSAS MEMORIAS.



 DÍA DAS BIBLIOTECAS

miércoles, 16 de octubre de 2019

UN SÉCULO DE LIBROS

Xa temos na entrada da biblio o noso cartel da LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO SÉCULO XX. Se vos achegades, veredes dous títulos por cada unha das décadas do século pasado. Tivemos que escoller entre moitas obras, pero aquí vai a nosa escolla:
Cantos coñecedes? Cantos lestes? Gustáronvos?  Recomendaríades outros?



martes, 15 de octubre de 2019

SORPRESA SORPRESA!!!!!

Lembrades que o alumnado que estivo o curso pasado en segundo B e segundo C presentárase a un concurso de relatos cortos?


Pois fresquiños coma leitugas acaban de chegarnos exemplares de libros nos que se recollen todos os relatos que participaron!!!!
Como non chegan para todos, entregáronselle aos dous finalistas do noso cole, para que o garden de lembranza. Para os demais podedes velos na biblioteca do Bufolector ou nas mochilas viaxeiras de 3ºB e 3ºC, onde incluiremos un exemplar.
Xa sabedes, este ano temos  que animarnos todos a participar!!!






lunes, 14 de octubre de 2019

A CARREIRA DOS NÚMEROS

Unha das nosas rutinas semanais é este xogo no que en primeiro lugar, colocamos entre todos as casillas do taboleiro ( se alguén ten dúbidas, axudámoslle). Logo comeza o xogo, tiramos o dado, collemos un numicon co número que nos tocou e facemos a suma de todo o que levamos. A norma principal é que NON SE PODE CONTAR, SÓ SUMAR!!!
Mirade que ben o pasamos xogando ás MATEMÁTICAS!!!!


IUTUBER VILABOA

Os nenos e nenas de quinto presentan e explican como fixeron o seu experimento.
Non volo podedes perder!