domingo, 3 de noviembre de 2019

MARUJA MALLO

O alumnado de 5 anos estamos a estudar a década de 1920. A primeira persoa importante que aprendimos é Maruja Mallo.
Non vos perdades esta entrevista e veredes que xa sabemos moitas cousas desta pintora surrealista.


MAGOSTO

Como sabedes, a semana pasada celebramos tamén o magosto.
Pinchade na imaxe e veredes, no blog de dinamización lingüística, as fotos e o video do que aconteceu :


jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN

Esta semana celebramos o Samaín na escola, con cabazas terroríficas que fixeron as familias e con contos de medo na Cova do Samaín. Todo argallado polo equipo de dinamización linguística.
Así de ben o pasamos:

miércoles, 30 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Por fin temos o video resumo do que aconteceu na celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES deste curso.
Como xa sabedes, o xogo consistía en buscar letreros co título dalgún libro infantil/xuvenil do século XX e logo achegarse a biblioteca e atopar o libro,. Non era doado, xa que os libros están colocados segundo a inicial do apelido do autor/a. Pero os nosos nenos/a fixéronno xenial!
E como non podía ser doutro modo, a música que acompaña o video é un dos mellores temas do século XX. Chámase "Sweet child o mine" e é dun grupo chamado GUNS N´ROSES. Así que subide o volume para escoitar ben!!!!

UN OUTONO DO SÉCULO XX

Así de bonito está a nosa entrada con xoguetes, libros e programas infantís que vían os nosos pais/nais e os profes...

viernes, 25 de octubre de 2019

CONTIDO MOCHILAS VIAXEIRAS

Aquí vos deixamos o contido das mochilas viaxeiras deste ano:


miércoles, 23 de octubre de 2019

CESTAS VIAXEIRAS

Mañán, 24 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, chegarán ás clases de 6º, 5º, 4º e 3º as nosas CESTAS VIAXEIRAS.
Son libros para ler e consultar nas clases. Libros, que ao mellor non son tan atractivos como para que os pequenos/as os collan por propia vontade pero que cremos que son interesantes para eles e que poden gustarlles moito.