viernes, 5 de febrero de 2021

ENTROIDO

 ATENCIÓN, ATENCIÓN O ENTROIDO XA CHEGOU!!!!!!

Aínda que este ano non podemos desfilar por Vilaboa nin facer a nosa tradicional degustación de doces de entroido non imos quedar sen celebralo.

Ao Sofía Casanova, o entroido, acaba de chegar

e a nosa rapazada, vaino festexar!

Polas rúas de Vilaboa non podemos desfilar

mais con todas e todos ímolo celebrar!

Este ano no Sofía,celebrámolo cada día!

E os mandatos dos mecos cumplimos día a día!

POÑEDE ATENCIÓN PORQUE OS MANDADIÑOS SON ACUMULATIVOS, DE MODO QUE CADA DÍA HAI QUE TRAER O QUE CORRESPONDA E O DO DÍA ANTERIOR!!!!!!!

Se premedes na imaxe poderedes ver o que o MECO ordena:




miércoles, 3 de febrero de 2021

APARATOS DO SÉCULO XX

 Sabedes que é isto?

Para os que non o saiban é un carrete de cámara de fotos. No século XX (Non hai tanto) facíamos as fotos con cámaras que tiñan este carrete e nunca sabías se a foto saía ben ata que revelabas as fotos. Daquela non podías sacar tantas como agora, xa que os carretes tiñan un máximo de fotos permitido. Este, en concreto, valía para 24 ou 36 fotos. 


Déixovos aquí un anuncio de FOTO ARTUS, que era unha tenda onde revelabas e comprabas carretes, sacabas fotos, comprabas cámaras de fotos... etc.
NON PERDADES DETALLE porque ides alucinar!!!!!










viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

 Como sabedes, mañá é o DÍA DA PAZ. 

Aínda que non podamos xuntarnos para conmemorarlo, fixemos este video entre todos para GRITAR QUE QUEREMOS UN MUNDO DE PAZ.




miércoles, 27 de enero de 2021

CONTACONTOS EN FAMILIA "El lago de los cisnes"

 Aquí temos o derradeiro conto deste mes inerpretado por Alexia:



martes, 26 de enero de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Dende Bibliotecas escolares de Galicia lémbrannos que o sábado celébrase o Día da Ilustración. 

Este ano está adicado a LOLITA DÍAZ BALIÑO, primeira muller en ingresar na RAG.


Tedes mais información aquí

Para conmemorar este día, Manel Cráneo elaborou este cartel:





sábado, 23 de enero de 2021

AS MATEMÁTICAS EN 3 ANOS

 Quen dixo que as mates son aburridas? 

Agora  ensinarémosvos como a través de xogos aprendemos a contar, asociar o número coa cantidade, formas xeométricas, conceptos espaciais, cantidades, tamaño, cor, comparación, clasificación, series, ordenación, os números, discriminación visual....

Estade atentos!

BLOQUES LÓXICOS:


NUMICON:


NUMERACIÓN:

jueves, 21 de enero de 2021

CONTACONTOS EN FAMILIA: "La mariquita gruñona"

 Ya tenemos el cuento de los segundos participantes de este mes: Marta y Pablo.

#sofámantaeconto.