sábado, 20 de febrero de 2021
Aínda que a biblioteca non está montada, si atopamos un oco moi acolledor para facer o noso club de lectura.
Se as sesións xa estaban sendo fantásticas, agora, con este recunchiño son mellores.
jueves, 18 de febrero de 2021
Como xa sabedes o proxecto deste curso é "AFONDANDO NO SÉCULO XX".
Aos pequenos de 3 anos tocounos traballar a década dos 50 e o Bufolector mandounos unha carta cunha foto para que investigásemos sobre un personaxe:
miércoles, 17 de febrero de 2021
Hoxe traémosvos outros 3 contos para rematar co mes de febreiro:
Montse conta "Bea Baila"
jueves, 11 de febrero de 2021
Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. A idea é dar visibilidade á muller neste campo, no que hasta hai pouco, só destacaban homes.
Aínda que non é só de mulleres pero si de ciencia gustaríanos deixarvos este calendario científico no que poderedes atopar persoeiros e grandes avances científicos. Podedes descargalo e imprimilo totalmente gratis.
miércoles, 10 de febrero de 2021
Temos unha nova fichaxe na familia: chámase Carlos e, non só presentouse voluntario para participar nos Contacontos, senón que regalounos outro máis.
Aquí vos deixo os contos de Carlos:
"La Bella durmiente"
viernes, 5 de febrero de 2021
ATENCIÓN, ATENCIÓN O ENTROIDO XA CHEGOU!!!!!!
Aínda que este ano non podemos desfilar por Vilaboa nin facer a nosa tradicional degustación de doces de entroido non imos quedar sen celebralo.
Ao Sofía Casanova, o entroido, acaba de chegar
e a nosa rapazada, vaino festexar!
Polas rúas de Vilaboa non podemos desfilar
mais con todas e todos ímolo celebrar!
Este ano no Sofía,celebrámolo cada día!
E os mandatos dos mecos cumplimos día a día!
POÑEDE ATENCIÓN PORQUE OS MANDADIÑOS SON ACUMULATIVOS, DE MODO QUE CADA DÍA HAI QUE TRAER O QUE CORRESPONDA E O DO DÍA ANTERIOR!!!!!!!
Se premedes na imaxe poderedes ver o que o MECO ordena:
miércoles, 3 de febrero de 2021
Sabedes que é isto?








