miércoles, 9 de noviembre de 2022

EXPERIMENTANDO COA ZOOLOXÍA

Este ano estamos a aprender que a CIENCIA abarca moitísimo, como por exemplo a ZOOLOXÍA.
A profe Lidia tróuxonos uns ovos de ra para que poidamos poñernos na pel dos zoólogos e experimentemos esta parte da ciencia.
Esta semana xa non temos OVOS, transformáronse en CÁGADOS.




martes, 8 de noviembre de 2022

S.T.A.B

 Xa hai uns días que comezou a formación do S.T.A.B, Servicio Técnico de Axuda á Biblioca. 

Este curso hai moitos voluntarios de sexto. 

Entre as súas tarefas está a de emprestar e devolver libros, colocar á biblioteca, recomendar lecturas, ensinar xogos, titorizar ao alumnado de menor idade, separar e arranxar libros estragados, etc.






sábado, 5 de noviembre de 2022

EXPERIMENTANDO NA AULA. Moco de gorila

 Este primeiro trimestre, en infantil, ímolo adicar a aprender conceptos básicos da ciencia e a experimentar cos sentidos.

No experimento que ides ver traballamos o sentido do tacto facendo unha masa sensorial:


jueves, 3 de noviembre de 2022

CIENCIA EN FAMILIA CON LEO

 Onte divertímonos moitísimo co experimento que nos trouxeron Antonio, Gema e Leo.

Mirade como aprendimos a facer unha bolsa antifugas:


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Entramos en novembro, o mes da ciencia en galego, e dende Bibliotecas Escolares de Galicia achégannos moitos recursos que nos servirán de axuda para o noso proxecto:


Folleto informativo sobre actividades en distintas bibliotecas de Galicia:






miércoles, 2 de noviembre de 2022

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Hoxe, despois de moito tempo, retomamos os CONTACONTOS EN FAMILIA. 

Aínda que fumos poucos, resultou unha tarde moi agradable e moi en familia na que comezamos divertíndonos con catro fantásticos contos e rematamos xogando na biblio.

Cris e Rubén contáronnos Los cocodrilos que vinieron a cenar.

Aloia e Xano leron Xa vooou.

Emma, Eoa e Ada puxeron a  tenrura con Te como a besos.

E Ilduara, Ana, Nico e Claudia fixéronnos rir con Voy a comedte


Moitas grazas aos contadores e a todos os que vos animástedes a vir, esperemos que na vindeira sesión sexamos moitos más!


REVISTA BULULEO

 A editorial Bululú pon a andar un novo proxecto: a REVISTA BULULEO.

Aquí tedes o primeiro número: