sábado, 17 de diciembre de 2022
Os pequenos do cole, agora que xa están adaptados, tamén comezan a experimentar. Desta vez probaron coas texturas e este foi o resultado:
viernes, 16 de diciembre de 2022
Así se llama nuestro próximo libro.
Como siempre, antes de lelo queremos que vexades algunhas cousiñas:
miércoles, 14 de diciembre de 2022
Dicía Miriam Nemirovsky que a verdadeira aprendizaxe da escritura prodúcese cando os pequenos escriben porque teñen un motivo para facelo (escritura con fins sociais).
En 5 anos acabamos de atopar un gran motivo porque chegou a nós unha nova que nos deixou sobrecollidos:
Una residencia de Pontevedra pide cartas para sus mayores por Navidad: “Decidles que no están solos”
sábado, 10 de diciembre de 2022
Onte tocou aplicar a ciencia á cociña: tivemos que medir os ingredientes, seguir os pasos e poñer moito agarimo para conseguir facer unha receita rica, rica.
viernes, 9 de diciembre de 2022
Hoxe comeza a viaxe da mochila para familias. Lembrade que tedes unha semana para ver o material para que lle dea tempo a todo o mundo.
Está feita con moito agarimo, esperamos que vos guste tanto como a nós.
martes, 6 de diciembre de 2022
Conmemoramos este día poñéndonos na pel doutras persoas e sendo conscentes de que todos temos as nosas limitacións e as nosas capacidades.
En infantil, tratamos de imitalos converténdonos en superheroes:
Esta semana repasamos o CICLO DA AUGA con Thiago e a súa nai:


