domingo, 11 de junio de 2023
Rematamos o proxecto e queremos ensinarvos un pouquiño de todo o que aprendemos este curso:
Os nenos/as de 3 anos, entre outras cousas, puxeron moita atención na zooloxía:
(pinchade na imaxe)
sábado, 10 de junio de 2023
Onte tivemos a derradeira sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA deste curso.
Dende a BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR queremos dar as grazas a todos os que participáchedes nesta actividade ao longo do curso porque sen vos non sería posible.
Tamén ás familias que achegan aos seus nenoas/as á biblioteca para que veñan a escoitar tan fermosos contos.
Con este vídeo rematamos esta fantástica experiencia chamada CIENCIA EN FAMILIA.
Gustaríame dar as GRAZAS a todos os que o fixéchedes posible, pola vosa implicación, polos nervios e por tantas horas adicadas a traer un pouquiño do que sabedes á clase. VALIU A PENA: levamos con nós moitas lembranzas de momentos compartidos, saberes novos e compartimos tempo de cole coa nosa familia.
NORABOA A TODOS!
miércoles, 7 de junio de 2023
O alumnado de quinto estudou as enerxías renovables e está convencido de que a saúde do Planeta melloraría se todos as usásemos. É por iso que traballaron en equipas para facer estos carteles e animarnos a usalas:
lunes, 5 de junio de 2023
domingo, 4 de junio de 2023
Xa imos rematando o curso e con el os vídeos de Ciencia en familia así que desfrutade do que queda:



















