jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN

Esta semana celebramos o Samaín na escola, con cabazas terroríficas que fixeron as familias e con contos de medo na Cova do Samaín. Todo argallado polo equipo de dinamización linguística.
Así de ben o pasamos:

miércoles, 30 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Por fin temos o video resumo do que aconteceu na celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES deste curso.
Como xa sabedes, o xogo consistía en buscar letreros co título dalgún libro infantil/xuvenil do século XX e logo achegarse a biblioteca e atopar o libro,. Non era doado, xa que os libros están colocados segundo a inicial do apelido do autor/a. Pero os nosos nenos/a fixéronno xenial!
E como non podía ser doutro modo, a música que acompaña o video é un dos mellores temas do século XX. Chámase "Sweet child o mine" e é dun grupo chamado GUNS N´ROSES. Así que subide o volume para escoitar ben!!!!

UN OUTONO DO SÉCULO XX

Así de bonito está a nosa entrada con xoguetes, libros e programas infantís que vían os nosos pais/nais e os profes...

viernes, 25 de octubre de 2019

CONTIDO MOCHILAS VIAXEIRAS

Aquí vos deixamos o contido das mochilas viaxeiras deste ano:


miércoles, 23 de octubre de 2019

CESTAS VIAXEIRAS

Mañán, 24 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, chegarán ás clases de 6º, 5º, 4º e 3º as nosas CESTAS VIAXEIRAS.
Son libros para ler e consultar nas clases. Libros, que ao mellor non son tan atractivos como para que os pequenos/as os collan por propia vontade pero que cremos que son interesantes para eles e que poden gustarlles moito.


MOCHILAS VIAXEIRAS

E, como cada 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, mañán comezarán a viaxar as nosas mochilas por todas as vosas casas.

 Están feitas con moita ilusión, escoller o material que vai dentro non é doado!

 Buscamos que poida gustar, que interese, que sexa axeitado para a idade dos nenos/as, que poidades sacarlle partido en familia, que aporten e, sobre todo... que sexa un eixe motivador que achegue aos nenos á lectura, e á cultura en xeral.

Este ano incluimos unha libreta para que participedes as familias, está relacionada con século XX, queremos que nos contedes que descubríchedes nese século, que recomendaríades, que botades de menos... e que o aproveitedes para falar cos vosos fillos/as e contarlles por que recomendades iso e non outra cousa.

Boa viaxe para esas mochilas e boas lecturas para as nosas familias!!!!


CONTACONTOS EN FAMILIA

Desculpade a tardanza pero estivemos a preparar moitos traballos na biblio para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS e non tivemos tempo de entrar no blog.
Por fin podedes ver as fotos da sesión do pasado día 16.
Comezamos con Sara, Lucía e Vera que contaron "Isa Trastos".


Logo, María Alejandra e Andrea contáronnos as aventuras dun oso que estaba a prepararlle unha bonita sorpresa á súa nai.

Por último, Marga e Bruno contáronnos "A filla do Grúfalo" e a historia de "Marcela, a inventora de palabras".
Gracias a todos os contadores e ás familias que trouxeron aos cativos e cativas para compartir unha tarde con nós.
En novembro vémonos na seguinte sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.