lunes, 31 de octubre de 2022
Nesta nova entrega Cristina e Sofía ensínannos a facer un arco da vella, o ciclo da auga e a importancia do xabón. Non o perdades!
domingo, 30 de octubre de 2022
Pois resulta que andaban Nico e Claudia tan tranquilos e contentos paseando por Oviedo e pensaron "Imos mirar uns libros que o mércores tócanos inaugurar o CONTACONTOS EN FAMILIA deste curso e aínda non temos claro que ler"e atopáronse co primo do Bufolector.
miércoles, 26 de octubre de 2022
martes, 25 de octubre de 2022
Xa podedes ver o resumo do que aconteceu a semana pasada onde o alumnado puso en práctica as leis da física para que os seus avións chegasen o máis lonxe posible:
lunes, 24 de octubre de 2022
Lembrade que mañá no recreo terá lugar a ximcana de infantil, primeiro e segundo.
Tedes que atopar as cubertas dos libros que están agochadas polo patio e levalas á biblioteca, onde volas cambiarán por un agasallo.
Hoxe comezan a súa viaxe as nosas mochilas. En breve chegarán as vosas casas para compartir en familia.
Aquí podedes ver o material que inclue cada mochila:
Carta Mochila by Bufolector on Scribd
Boa viaxe e boas lecturas!





