viernes, 28 de abril de 2023
Mateo e a súa familia tráennos 3 experimentos doados de facer na casa:
Onte pola tarde pasamos un tempiño ben divertido no obradoiro de xogos de infantil, primeiro e segundo.
jueves, 27 de abril de 2023
Deixámosvos por aquí as datas das tardes BUFOANIMADAS que quedan para este curso:
27 ABRIL: OBRADOIRO DE XOGOS INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO. Para o alumnado convocado.
24 MAIO: TEATRO DO ANDAMIO . Dentro do programa LECTURA E FAMILIA esta compañía representará no cole "A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ". Para toda a familia.
miércoles, 26 de abril de 2023
Lembrades aquelas ESOPÍAS que fixemos para conmemorar o DÍA DA POESÍA que xuntaban a poesía coas matemáticas a través do número PI?
Pois a profe Concha presentouna nun concurso da asociación AGAPEMA e... GAÑOU!!!!!!!
Hoxe, D. Enrique de la Torre, profesor da facultade de Ciencias da Educación e de moitas das profes do cole, veu ao Sofía Casanova a entregar persoalmente o premio á gañadora.
martes, 25 de abril de 2023
Seguimos a conmemorar o DÍA DO LIBRO e para iso, despois da EXPOSICIÓN DE LIBROS PERIGOSOS, o audioconto ISA TRASTOS e o O BUFOPREGUNTÓN queremos ensinarvos esta presentación de MOMENTOS LECTORES, moitos deles son do venres, día que saímos todos a LER NO PATIO.





















