martes, 20 de enero de 2015

INMIGRACIÓN

Hai poco que lin "Lúa do Senegal" de Agustín Fernandez Paz
e a verdade e que fíxome reflexionar sobre a historia da xente que, coma nós, ten un sono, pero que non o pode realizar dentro do seu país, así que, sen dubidalo dúas veces (porque senón igual non o farían), arrisca a súa vida con tal de conseguir que a súa familia viva un pouquiño mellor.
Neste intento, non todos sobreviven.
E que nos diferencia deles? Que nós, tivemos a sorte de nacer aquí! Isto é xusto?
Se tedes un ratiño escoitade esta canción de Ricardo Arjona e Intocable, que sen dúbida, reflicte moi ben esta realidade: MOJADO.
E, ademáis mirde este vídeo que resume a vida de calquera de estos homes e mulleres que non merecen outra cousa que non sexa o noso respeto.


0 comentarios:

Publicar un comentario