lunes, 3 de abril de 2017

LUGRÍS, PAREDES SOÑADAS

Dende o pasado venres 31 e ata o vindeiro 2 de setembro tedes unha gran oportunidade para ver unha exposición do pintor Coruñés,  Urbano Lugrís, na sede de AFundación  (Cantón Grande)
Lugrís, era fillo de Manuel Lugrís Freire (un dos fundadores da Real Academia Galega) e Purificación Gonzalez (pianista) de aí  lle vén o amor polas artes.
Plasmou a súa obra en arquitectura, poesía, teatro e pintura. Dominou tódalas técnicas: óleo, serigrafías, colaxe, muralista, tinta chinesa sobre papel...
Tematicamente a súa obra está chea de referencias ó mundo céltico e as profundidades mariñas cunha composición escenográfica case constante.
A súa extraordinaria memoria, os contos e lendas e milleiros de anécdotas con que deleitaba aos seus amigos fixeron de Lugrís unha personaxe entrañábel e inesquecíbel nas rúas dos viños da Coruña e de Vigo.


Pero é que ademáis, pretiño da escola , temos a sorte de contar con tres obras do autor: se vos achegades á iglesia de Vilaboa podedes ver pare da súa obra en directo. 


Aquí vos deixamos enlaces da exposición:


0 comentarios:

Publicar un comentario