martes, 23 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

E como mañá celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS comezan a viaxar as mochilas da biblioteca do Bufolector. Preparádevos que pronto estarán na vosa casa!
O material está escollido con moito agarimo, esperamos que vos guste. Este curso, teremos música, un álbum ilustrado, un DVD, unha revista, un libro de poesía e un xogo.
Lembrade que non é obligatorio ler todo, que é un material para pasalo ben en familia, que os nenos e nenas levan a mochila con moita ilusión e que deberían ser correspondidos.
Tamén levades un pequeno caderno no que falaremos das películas que nos provocan as distintas emocións.
Este ano viaxarán 18 mochilas: dende infantil a quinto de primaria. 


Mochilas by Bufolector on Scribd

0 comentarios:

Publicar un comentario