jueves, 28 de febrero de 2019

OBRADOIROS DE PELÍCULA

Este ano, xa que lle adicamos o curso ás películas, decidimos xuntar a todo o alumnado de infantil e traballar a mesma película con obradoiros. 
Como xa sabedes, a película escollida é TOY STORY.
Os obradoiros foron: photocall, caroutas, cociña, karaoke, maquillaxe e robótica. 
E agora que xa os rematamos temos que dicir que foron todo un éxito. Da gusto ver que como colaboran os nenos e nenas, como están atentos aos pequenos, como mellora a súa relación e que ben o pasan traballando ( e sen decatarse).
Mañá será a gran festa de entroido onde cada un virá disfrazado dun personaxe desta película, pasearemos por Vilaboa e comeremos doces de entroido.
Mentres non chega mañá deixámosvos os videos do obradoiro de karaoke (coas fotos faremos unha montaxe). Esperamos que vos gusten!!!












0 comentarios:

Publicar un comentario