lunes, 25 de marzo de 2019

SHEYLA FARIÑA NO COLE

O pasado xoves, o alumnado de quinto e sexto estivo a falar con esta fantástica actriz.
Sheyla Fariña, protagonista de series como "Valderrei", "Acacias 38","Serramoura"... tamén participou en "La piel que habito",  "El club de la calceta", "Pradolongo"...
Sheyla tamén se adica ao teatro e actualmente traballa na compañía Redrum Teatro en obras como "Invisibles", "Contos do recreo" ou "Roedores"
Ensinounos un guión, falounos de como é a vida dunha actriz, das súas aspiracións, do seu traballo, dos premios e da importancia de adicarse ao que a un máis lle gusta.
O alumnado, pola súa banda, quedou fascinado, non só polo que contou coas palabras, senón tamén pola súa forma de falar, os seus movementos, os acenos, as miradas...





Dende aquí, aproveitamos para darlle a noraboa polos 3 premios María Casares que recolleron o xoves pola súa obra "Invisibles" de Redrum teatro. 
E tan encantados quedaron os nenos e nenas, que o alumnado de quinto, nada máis rematar a charla subiron á aula e compuxeron un poema para ela:


 Moitas grazas Sheyla por achegarnos un pouquiño ao mundo da interpretación!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario