martes, 26 de noviembre de 2019

PROFES

Sempre que vén alguén de fóra colgamos unha foto e comentamos o ben que o fixo e todo o que nos aportou.

Como as/os profes estamos a traballar de seguido co noso alumnado, moitas veces non temos tempo de facer unha foto ou non valoramos o que facemos porque facémolo todos os días.

A semana pasada, por casualidade,  escoitei un conto que unha profe estaba a contar aos seus pequenos e pequenas, e non puiden resistir a tentación de sacarlles unha foto a esas cariñas.

Quero que vexades a sorte que temos todos os días o profesorado que, aínda que non saquemos as fotos e non quede reflectido en ningún sitio, vemos esas cariñas que confirman que fan que esta profesión sexa a mellor do mundo.




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale

Anónimo dijo...

Tienes que colgar como cantamos ayer y el cuenta cuentos de noviembre.

Sheila dijo...

❤️

Publicar un comentario