viernes, 5 de junio de 2020

ESTE LIBRO É PARA TI...

Xa estamos a piques de rematar o curso, pero non queremos facelo sen propoñervos unha última actividade.

Chega o verán e con el moito tempo libre para ler. Pero... QUE LER?

Queremos que nos recomendedes lecturas. Mandade un video a bufolector@gmail.com no que nos recomendedes algún libro. Non vos esquezades de dicir para que idade vai destinado e por que deberíamos lelo.

Quen pode participar? TODOS! Nais, pais, avoas, avós, nenas,nenos, curmás, curmáns, madriñas, tíos... TODOS NECESITAMOS BOAS LECTURAS PARA O VERÁN!



Animádevos a participar!

0 comentarios:

Publicar un comentario