jueves, 18 de febrero de 2021

ELVIS PRESLEY

 Como xa sabedes o proxecto deste curso é "AFONDANDO NO SÉCULO XX".

Aos pequenos de 3 anos tocounos traballar a década dos 50 e o Bufolector mandounos unha carta cunha foto para que investigásemos sobre un personaxe:


Pronto soubemos que se chamaba Elvis Presley e que nos anos 50 comezou a súa carreira artística poñendo de moda o rockabilly (fusión de country e rhythm and blues).

Presley está considerado como unha das figuras máis importantes da cultura popular do século XX. E é coñecido polo alcume "O Rey do Rock and Roll".

Aquí vos deixamos a nosa pequena homenaxe a este gran artista:

2 comentarios:

Unknown dijo...

K ricos por dios

Mati L dijo...

Rock N Roll!!!

Publicar un comentario