jueves, 2 de diciembre de 2021
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
20:08
Etiquetas:
axenda 2030,
Emocións,
vida saudable
En educación infantil adicamos o mes de novembro á tristeza.
Para identificala vimos a película de "Coco", limos moitos contos e falamos desta emoción.
Aprendimos un montón de cousas:
Hai varias cousas que nos poñen tristes: perder un xoguete, que nos fagan dano, que non queiran xogar con nós, que papá e mamá marchen...
Temos que aprender a identificar esta emoción, recoñecela e aceptala porque está presente ao longo de toda a nosa vida.
Hai moitas cousas que fan que nos sintamos mellor cando estamos tristes: un regalo, xogar cos amigos, un abrazo, que mamá e papá nos consolen, unha palabra bonita, un sorriso, un chocolate con churros...
Neste video queremos amosarvos parte do noso traballo:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Con razón Nere últimamente hace todos los dibujos con cara triste. 🥰🥰
Publicar un comentario