martes, 29 de marzo de 2022

BUFOPREGUNTÓN

Estamos a piques de comezar ABRIL, o MES DO LIBRO. 
Xa sabemos que estades impacientes por volver a xogar ao BUFOPREGUNTÓN!!!!!
TRANQUILOS! Xa queda menos dunha semana!!!!!



Lembramos o modo de participación:

- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.

- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos empezan o luns da semana correspondente.


- Cada día sairá unha pista nova.


-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.


-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.


- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes)


- A temática é a VIDA SAUDABLE (cos 4 eixes que estamos a traballar na escola: coidado dun mesmo, coidado da contorna, educación emocional e uso responsable das tics).


A familia que o acerte de  primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible. 

Xa sabedes, a investigar en familia!


Como novidade, este ano, as pistas sairán ás 16:00 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación. 


Comezamos o LUNS 4 de abril!!!!!





4 comentarios:

Sheila dijo...

💚

Tatiana Nuñez dijo...

🥳🥳🥳

Vero dijo...

Vamos a ello !!😁🤔

Vero dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.

Publicar un comentario