viernes, 11 de noviembre de 2022

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS

 Atención familias!

En breve chegaravos ás casas unha nota informativa sobre dúas actividades novas para as familias:

A MOCHILA VIAXEIRA FAMILIAR e o CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.

Na mochila viaxeira haberá contido dirixido, sobre todo, a público adulto.

O club de lectura está pensado para nais, pais, avós, avoas, irmáns e irmás (adultos ou case adultos).... que lles guste ler e queiran compartir esta afección. Haberá unha única reunión por cada libro. 

Se queredes participar nalgunha destas actividades tedes que cubrir a folla que vos chegará a vindeira semana  e poñerémonos en contacto convosco. 

Coma sempre, se tedes dúbidas trataremos de resolvelas en bufolector@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario