jueves, 22 de diciembre de 2022

ESTAMOS DE NORABOA!

 Hai uns días que o sabemos pero non tivemos tempo a anuncialo.

 O Ministerio de Educación deunos un segundo premio pola nosa participación no concurso Clubs de Lectura do 2021-2022 na categoría de primaria.

(Se pinchades na imaxe poderedes ver o texto da resolución).

Queremos compartilo con todo o alumnado que pasou polos clubs de lectura do Sofía Casanova, co equipo directivo que sempre nos apoiou e animou a facer cousiñas, coas titoras que nos acompañaron e axudaron e con todas as familias que lle dan tanta importancia a todo o que facemos para que a lectura sexa un placer!
GRAZAS!


1 comentarios:

Álex Salgueiro dijo...

Noraboa! Ben merecido! Agradecidos do traballo que facedes! Entereime hoxe aínda…

Publicar un comentario