miércoles, 26 de marzo de 2025
O BUFOPREGUNTÓN
A primeira pista sairá o LUNS 31 DE marzo!!!!!
Lembramos o modo de participación:
- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.
- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.
- Cada día sairá unha pista nova.
-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.
-Podedes responder na entrada do blog na que colgamos a pista.
- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)
- A temática é GALICIA.
A familia que o acerte de primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible.
Xa sabedes... a investigar en familia!
As pistas sairán ás 16:15 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación.
Comezamos o LUNS 31 DE MARZO!!!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario