viernes, 13 de noviembre de 2026
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
17:57
Etiquetas:
animación,
autores,
Club de lectura,
Libros
Hoxe tivemos a última sesión deste fantástico libro de Silvia Aliaga.
Unha vez lido realizamos un xuízo aos personaxes. Tivemos xuíz, fiscais, avogados defensores e xurado.
Como foi a porta pechada ( e non queremos facer espóiler) non vos diremos o resultado pero si que o pasamos xenial e que estes rapaces demostraron que ler é moi divertido, sobre todo cando compartes as túas opinións sobre o libro.
Grazas Silvia Aliaga, por facer esta xoia que nunca defrauda e que xeración tras xeración sempre xorde a pregunta:
"E non hai segunda parte? Por que? Se quero seguir lendo"
E grazas a estos mozos e mozas por tomarse tan en serio esta sesión preparándoa!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario