jueves, 12 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
13:41
Etiquetas:
alfin,
animación,
CIENCIA
1 comentarios
Hai pouco mais de 100 anos houbo outro virus que paralizou a sociedade, chamábase A GRIPE ESPAÑOLA.
Moitas das "medidas de contención" que estamos a tomar agora, xa foron probadas en 1918.
Lede o seguinte artigo para ter máis información:
O VIRUS DA GRIPE ESPAÑOLA
Moitas das "medidas de contención" que estamos a tomar agora, xa foron probadas en 1918.
Lede o seguinte artigo para ter máis información:
O VIRUS DA GRIPE ESPAÑOLA
martes, 10 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
18:39
Etiquetas:
Actividades,
CIENCIA,
MUSEOS,
saídas escolares,
tecnoloxía
1 comentarios
Hoxe o alumnado de 5 anos visitou o MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA, de Coruña.
A verdade é que foi unha experiencia fantástica, na que ademáis de ver obxectos e tecnoloxía do século XX aprendimos moito e pasámolo xenial!
Puidemos ver un trozo do Boeing 747 "Lope de Vega", sentámonos en primeira clase, vimos a cabina do piloto, tocamos algúns dos materiais que o compoñen e descubrimos que este foi o avión que trouxo o Guernica a Madrid dende Nova York en 1981.
Na sá do século XX vimos unha lavadora de madeira, unha moto con sidecar, un coche antigo e moitas cousas que usaban os nosos avós e avoas (e os nosos pais e nais)...
Tamén vimos o antigo faro da Torre de Hércules e o proxector que tiña o cine París de Coruña.
Ademáis fixemos helicópteros de papel e os tiramos dende o sexto andar, comprobamos como voaban e gustounos moito.
A verdade é que foi unha experiencia fantástica na que descubrimos a tecnoloxía dende unha nova perspectiva e demostramos moitas cousas que xa tiñamos aprendidas nestes tres anos que levamos na escola.
lunes, 9 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:51
Etiquetas:
Actividades,
animación,
contacontos,
contos,
familias
2
comentarios
O pasado venres tivemos unha nova sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.
Comezamos con MARTA, PABLO e HENAR que contaron e representaron "Blancanieves y los siete enanitos"
Comezamos con MARTA, PABLO e HENAR que contaron e representaron "Blancanieves y los siete enanitos"
Logo, SHEILA, MATEO e ADRI fixéronnos rir con "Paco Papán"
Pecharon a sesión LUCÍA e ALBA contando "Corno de unicornio"
Foi unha moi boa sesión chea de xente:
viernes, 6 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
12:53
Etiquetas:
alfabeto,
animación,
arte,
artistas,
curiosidades,
Día da muller,
muller,
mulleres interesantes
2
comentarios
Manu Arranz, tamén coñecido como 7 Codos preséntanos este alfabeto que rinde homenaxe ás grandes mulleres da historia.
Todo comezou co reto 36 Days Of Type no que en cada edición miles de diseñadores dan a súa visión do mundo a través da tipografía. Durante 36 días seguidos teñen que compartir nas súas redes sociais os seus diseños de letras e números.

Como vedes, con este alfabeto, lémbrase a mulleres tan importantes como Valentina Tereshkova (primeira muller en viaxar ao espacio), Kathrine Switzer (primeira muller en correr e completar unha maratón, cando só o facían os homes) e Alice Paul (unha gran loitadora polo voto feminino da muller en E.E.U.U.).
Anímaste a descubrir por que foron tan importantes as outras mulleres?
FUENTE: La criatura creativa. https://lacriaturacreativa.com/
jueves, 5 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
19:55
Etiquetas:
Actividades,
animación,
biografías,
CIENCIA,
científicos,
curiosidades,
Século XX
1 comentarios
No século XX houbo moitos avances no campo da medicina, hoxe queremos falarvos de FLEMING, que, en 1928, descubriu algo moi importante.
Estade atentos a como o conta a cativada:
Estade atentos a como o conta a cativada:
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
16:35
Etiquetas:
Actividades,
Biblioteca creativa,
lóxica,
recreos,
Traballo alumnado,
xogos
2
comentarios
Xa vos temos dito o éxito que foi engadir xogos á biblioteca, sobre todo para os recreos e para as tardes.
O que non vos contamos é que esos xogos tamén se usan nas clases, e pouco a pouco imos razonando, usando a lóxica, sumando, restando, traballando a atención, o xogo en equipo, o respeto ao compañeiro, a escoita activa, os turnos de actuación, a motricidade, a activación de todos os sentidos... e todo isto XOGANDO!!!!!

Así si que mola aprender!
martes, 3 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
9:41
Etiquetas:
Actividades,
animación,
lectura,
Libros,
recreos
1 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)